Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/103-2, 4989 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2917/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sistín do Mato-Telleiros (Sober).

Situación: Sober.

Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 709 metros de lonxitude en conductor LA-56. Centro de transformación de 100 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión de 2.025 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0,6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de maio de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5605