Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Cornide. Vilalba.
Situación: Vilalba.
Características técnicas: L.M.T. de 817 m en conductor LA-56 a 20 kV intemperie de 20 kVA, relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50 sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 23 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4174