Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.
Denominación: substitución de L.M.T. Magazos-Cangas. Entronque G. Portela-C.T. Mon.
Situación: Burela.
Características técnicas: L.M.T. de 458 m de lonxitude a 20 kV en conductor LA-110-116.2 mm en apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 23 de abril de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4172