Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 03 de xullo de 1998 Páx. 7.537

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de xuño de 1998 pola que se autoriza a inclusión da escola de música Bieito Blanco de Ourense, no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música e de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 346/1996, do 13 de setembro, establece no seu artigo 1 que lle corresponde á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música pola escola de música Bieito Blanco de Ourense, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola de música Bieito Blanco de Ourense, da que se sinalan os datos no anexo a

esta orde, queda incluída no Rexistro de Escolas de Música.

Segundo.-A escola citada no dito anexo queda sometida ó réxime de escolas de música segundo establece a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Denominación específica: escola de música Bieito Blanco.

Enderezo: rúa Fonte do Bispo, s/n.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

6041