Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

EDICTO da alcaldía.

A Comisión de Goberno acordou inicia-los trámites para a contratación por vía urxente da obra de acceso a núcleos rurais en Lalín, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto co presente edicto polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anunciar concurso público coas seguintes características:

Obxecto: a obra arriba indicada.

Orzamento: 25.763.457 ptas.

Durección do contrato: seis meses.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Clasificación do contratista: G-4-A e G-6-B.

Garantías: a fianza provisional será do 2% do tipo de licitación (que se acompañará directamente co sobre A) e a definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día de publicación deste anuncio no DOG

en horas de nove a catorce e na forma establecida no prego de condicións.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás trece horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 24 de xuño de 1998.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Alcalde Acctal.

5671