Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 29 de xaneiro de 1998, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística 1/1997, propiedade de Andrés Caaveiro Caaveiro e José Antonio Caaveiro Martínez, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno, en sesión celebrada o 26 de setembro de 1997, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 1/1997 no ensanche, nos predios propiedade de Andrés Caaveiro Caaveiro e José Antonio Caaveiro Martínez, situadas no ensanche A, na esquina das rúas Retorta e río Xubia e na rúa río Xubia, cualificadas no Plan xeral como edificable en 308 m o primeiro predio e como zona verde V-65 en 368,63 m o segundo predio, no ámbito da UR-1. No Diario Oficial de Galicia, do 11 de novembro de 1997 e en El Ideal Gallego, do 18 de outubro de 1997, publicouse o anuncio de aprobación inicial, someténdose á información pública no prazo de quince días. Cumpridos os trámites de información pública e sen presentarse ningunha reclamación, segundo consta no certificado do rexistro xeral; a Comisión Informativa de Urbanismo e infraestructuras, en sesión celebrada o 15 de xaneiro de 1998, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou propoñerlle ó Concello Pleno a aprobación do

seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 1/1997

no ensanche, comprendendo os predios propiedade de Andrés Caaveiro Caaveiro e José Antonio Caaveiro Martínez que compoñen as dúas zonas da unidade: zona 1.-Predio de 308 m destinados a edificación residencial, cos seguintes lindes: norte, predio segregado e cedido a Antonio Fernández Sande e outros; leste, fronte a rúa en proxecto, predios segregados de Antonio Fernández Sande e outros e Andrés Caaveiro Caaveiro; sur, José Antonio Caaveiro e Andrés Caaveiro; e oeste, onde terá a súa fronte á rúa Retorta, Sres. Caaveiro. Zona 2.-Predio de 368,63 m destinado a zona verde de sistema local (V-65) cos seguintes lindes: norte, vía do ferrocarril de Ferrol a Betanzos; sur, futura rúa río Xubia; leste, predio Illán e máis da mesma propiedade Carmen Rivera e oeste, irmáns Sanjurjo Rejo. Os terreos comprendidos na unidade teñen a clasificación de solo urbano.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 3 de marzo de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

6236