Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.513

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998 pola que se nomea catedrática de escola universitaria da área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Márketing, a María de las Mercedes Vila Alonso (praza 12/1997).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 15 de xaneiro de 1997 (BOE do 7 de febreiro), para a provisión dunha praza de catedrático de escola universitaria da a área de coñecemento de organización de empresas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing, a prol de María de las Mercedes Vila Alonso, con documento nacional de identidade número 36.062.400, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María de las Mercedes Vila Alonso, catedrática de escola universitaria, da área de coñecemento de organización de emrpesas, do departamento de Organización de Empresas e Marketing.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 4 de xuño de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

5697