Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 30 de abril de 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, a prol de Javier Montalvo Rodríguez, con documento nacional de identidade número 03.439.415, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Javier Montalvo
Rodríguez profesor titular de universidade da área de coñecemento de ecoloxía, do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión do interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 2 de xuño de 1998.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
5657