Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 02 de xullo de 1998 Páx. 7.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Forjas de Galicia, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Forjas de Galicia, S.A. (código nº 3200192) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa, na xuntanza celebrada o día 6-5-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo

R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de maio de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

As disposicións incluídas neste convenio regularán, desde a súa entrada en vigor e durante a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre Forjas de Galicia, S.A. e o seu persoal comprendido neste convenio.

Artigo 2º

As condicións deste convenio formarán un só conxunto, polo cal non entrará en vigor ningunha das súas disposicións sen a aceptación da totalidade delas.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todo o persoal dos grupos técnico, administrativo e obreiro que pertence ó cadro de persoal desta empresa, así como ó de novo ingreso durante a súa vixencia. Queda expresamente excluído o persoal directivo a que fai referencia o artigo 7 da Lei de contratos de traballo, a teor do disposto na Lei de relacións laborais.

O comité de empresa será a única vía de negociación no relacionado co presente convenio colectivo de empresa, no que afecte a todo o persoal encadrado neste convenio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998. Terá vixencia dun ano (1 de xaneiro de 1998 a 31 de decembro de 1998).

Entenderase prorrogado tacitamente en períodos dun ano, salvo que calquera das partes o denuncie cunha antelación de tres meses, como mínimo, á data de extinción do convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación de melloras.

As melloras económicas establecidas neste convenio serán absorvibles ou compensables cos posibles aumentos de retribución que en virtude de disposicións oficiais puidesen efectuarse, non soamente por aboamento de igual natureza, senón tamén no seu conxunto.

Artigo 6º.-Repercusión de incrementos nas bases de cotización.

Se por disposición de grao superior se elevasen as bases de cotización á Seguridade Social a repercusión económica correspondente afectará a ámbalas partes na proporción que legalmente lles corresponda.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo queda establecida para o presente ano 1998 en 1.776 horas de traballo efectivo de forma que a reducción de xornada que isto supón se aplica á confección do calendario favorecendo ó máximo a economía na producción. Dentro do concepto de traballo efectivo esténdese o tempo de 15 minutos de pausa para o bocadillo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais (28 consecutivos e 2 que se determinarán ó establece-lo calendario laboral), con retribución correspondente a salario convenio maila media do percibido nos últimos tres meses como plus de posto e prima.

En canto ó período do seu desfrute, exclusións e excepcións a el, planificación, etc. observarase o disposto sobre a materia no Estatuto dos traballadores.

Dos traballadores que teñan que desfruta-las súas vacacións en distinto período ó fixado no calendario da empresa terán preferencia na escolla do período de vacacións os traballadores de máis antigüidade, alternándose en anos sucesivos esta preferencia de elección.

Artigo 9º.-Calendario e horario de traballo.

A partir do calendario laboral provincial, establecido pola superioridade, anualmente a dirección da empresa establecerá o calendario e mailo horario de traballo, coa intervención que sexa preceptiva do comité de empresa e de forma que se totalicen as horas anuais corrrespondentes, de acordo co artigo 7º.

O horario de traballo, en principio, queda establecido na forma que se expón, salvando as variacións obrigadas para o reparto das horas laborais de cada ano, ou ben polas necesidades da organización do traballo. Neste caso, unha vez autorizado pola Delegación de Traballo, seralle oportunamente anunciado ó persoal afectado.

Persoal a quendas:

1º das 6 h ás 14 h.

2º das 14 h ás 22 h.

3º das 22 h ás 6 h.

Persoal de horario día:

Das 8.15 h ás 16 h 30 m (de luns a venres).

Horarios especiais: en casos excepcionais, por necesidades da producción, debidos a falta de enerxía, avarías importantes, etc., poderanse establecer esporadicamente outros horarios sen variación da xornada legal pactada.

Artigo 10º.-Traballos en domingos e festivos.

O traballo en domingo e días festivos empeza a contarse desde as 24 horas do día anterior para todo o persoal salvo para o persoal a quendas, en que se contará a partir das 6 horas do domingo ou festivo ata as 6 horas do día seguinte.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 11º.-Principios xerais.

A organización do traballo é facultade da dirección, que a exercerá directamente a través dos mandos, tendo en conta as disposicións legais vixentes.

Artigo 12º.-Documentación do traballo.

Comprende toda serie de documentos que son necesarios para reflecti-las circunstancias de tempos asignados, investidos, actividades, unidades de traballo efectuado, tempos de espera, paros concedidos, etc. Dada a trascendencia da información que figura nestes documentos para a boa marcha da empresa, a omisión, falseamento ou negligencia na especificación destes datos, poderán ser considerados como falta grave, e a reincidencia dará lugar a aplica-la máxima sanción.

Artigo 13º.-Valoración de estándares e productividade.

Durante o presente ano continuarán os estudios de tempos para fixar en cada posto os rendementos normal e óptimo, actualizados de acordo coas variacións de procesos e medios de producción.

Artigo 14º.-Prima directa.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 15º.-Prima indirecta colectiva.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 16º.-Ingreso de persoal.

O ingreso de persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes para esta materia.

Artigo 17º.-Período de proba.

Observarase o disposto na regulamentación laboral vixente.

Artigo 18º.-Ascensos.

O sistema de ascensos que se establece neste convenio estará baseado fundamentalmente na aptitude e capacidade do productor para o desempeño das funcións de cada categoría profesional.

Na provisión de vacantes en réxime de ascensos, de cada tres prazas unha proverase por antigüidade dentro do departamento que se produza a vacante, salvo que se acreditase a carencia de aptitude no traballador, e as outras dúas por concurso-oposición, libre para todo o persoal da empresa, que deberá realizarse a través de probas teórico-prácticas.

Quedan excluídos desta norma xeral os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas; nestes casos as vacantes serán cubertas por libre designación da dirección da empresa. Igualmente queda excluído o persoal de secretaría, procurándose que esta designación recaia sobre o persoal da empresa.

A empresa anunciará coa antelación suficiente, nunca inferior a 30 días, as vacantes ou postos por cubrir, a data en que deberán efectuarse os exercicios, o programa para desenvolver, así como as condicións que se requiran para aspirar a elas. Tamén se fará consta-la forma de celebralo e os méritos, títulos e demais circunstancias que sexan pertinentes.

A composición dos tribunais que cualificarán os concursos-oposición será a seguinte:

-Un presidente e dous vocais, nomeados pola empresa.

-Dous vocais designados pola representación social da empresa.

Para unha maior garantía de que o ascendido a unha categoría profesional superior desempeñará as funcións encomendadas coa máxima eficacia, establécese un prazo de proba que corresponda ó establecido para un productor de novo ingreso na súa categoría.

Artigo 19º.-Ascensos de peóns e auxiliares administrativos.

Os peóns e auxiliares administrativos con máis de cinco anos ó servicio da empresa ascenderán ás categorías de especialista e oficial de 2ª administrativo, respectivamente.

Artigo 20º.-Mobilidade de persoal.

Seguirase o establecido nas disposicións legais vixentes, se ben nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída do traballador, ou cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo non imputable a el, ou desgaste físico natural, como consecuencia dunha dilatada vida de servicio na empresa, o traballador seguirá percibindo a retribución da súa categoría profesional.

Artigo 21º.-Cambios de quenda.

A empresa, ó acorda-los cambios de quenda de acordo coa lexislación vixente, terá en conta, ademais, o seguinte:

1. Cando haxa mutuo acordo entre empresa e productor, terase en conta o que ámbalas partes acorden.

2. Procurarase que a quenda de noite sexa o máis restrinxida posible, de modo que se tenda á saturación da primeira e da segunda.

3. Salvo casos excepcionais, os cambios de quenda notificaranse no taboleiro de anuncios, unba tarde do penúltimo día laborable da semana.

4. O persoal operario de producción maior de 55 anos gozará de preferencia, sempre que sexa posible, a xuízo da dirección e do comité de empresa, para ocupar postos que traballen a dous relevos (mañá e tarde).

Artigo 22º.-Rexistros de persoal.

En canto ós rexistros de persoal, datos, publicación, etc. a empresa aterase ó especificado sobre esta materia nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV

Retribución do persoal

Artículo 23º.-Política de salarios.

Forjas de Galicia, S.A. establece que a remuneración do seu persoal ten unha relación directa coa categoría profesional e coa actividade con que desempeña as funcións encomendadas.

Polo tanto, a retribución normal está composta dunha parte fixa e outra variable.

A parte fixa vén determinada pola categoría profesional á que se lle asigna o número correspondente ó chanzo e grupo que a define.

Todo o persoal da empresa está clasificado e ten asignado o número correspondente á súa categoría

A parte variable corresponde fundamentalmente ás retribucións en concepto de prima de producción ou productividade e son devengadas en función da actividade individual ou colectiva desenvolta na execución de tarefas. Tódalas percepcións que por calquera concepto estivesen establecidas con anterioridade ó presente convenio serán compensables e absorbidas coa retribución anual que se establece nel.

Artigo 24º.-Enumeración das distintas retribucións.

Para efectos do ordenado no Decreto 2380/1973, do 17 de agosto, sobre ordenación do salario, especifícase a continuación a clasificación dos conceptos retributivos do presente convenio, de acordo co artigo 5 do dito decreto.

a) Salario base.

a.1. Xornais e soldos.

b) Complementos persoais.

b.1. Plus de antigüidade.

b.2. Plus de distacia.

b.3. Plus de asistencia e puntualidade.

b.4. Complemento persoal ou especial.

c) Complementos de posto de traballo.

c.1. Plus do posto ou responsabilidade.

c.2. Plus de nocturnidade.

c.3. Plus de xefe de equipo.

c.4. Plus de quendas especiais.

d) Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

d.1. Complemento convenio.

d.2. Primas de producción ou productividade.

d.3. Horas extraordinarias.

e) Vencemento período superior ó mes.

e.1. Gratificacións de xullo e Nadal.

Pola índole do traballo desenvolvido nesta empresa, o concepto de penosidade, toxicidade e perigosidade está incluído na valoración de postos de traballo que serviu para establece-los importes do plus de posto ou responsabilidade, recollidos no anexo III.

Artigo 25º.-Salario base e complementos.

Nos anexos II e IV recóllense os xornais e soldos base (a.1), mailo complemento convenio (d.1), nos que quedan incluídas as gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal (e.1), correspondentes, para o presente convenio, ás categorías profesionais definidas no anexo I.

Artigo 26º.-Gratificación de antigüidade.

Por cada quinquenio a percepción consistirá nun seis por cento do xornal ou soldo base máis complemento, isto é, do soldo convenio.

Artigo 27º.-Gratificación de distancia.

Establécese na contía de 1.688 ptas./mes por traballador, por once meses e proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 28º.-Gratificación de asistencia e puntualidade.

Establécese para todo o persoal unha gratificación de asistencia e puntualidade de 1803 pesetas mensuais, que en caso de falta de puntualidade ou asistencia durante un, dous ou tres días ó mes, queda reducido a 1.202, 601 ou 0 pesetas, respectivamente.

Artigo 29º.-Gratificación de posto ou de responsabilidade.

No anexo III establécese o valor por hora efectiva no posto para a gratificación de posto e no anexo V, o valor mes do plus de responsabilidade para cada unha das categorías establecidas no anexo I.

Artigo 30º.-Gratificación de nocturnidade.

A gratificación de nocturnidade aboarase polo 35% do soldo convenio correspondente á totalidade da xornada, cando se traballara durante o período nocturno máis de catro horas e proporcionalidade ás horas traballadas no caso de que o período nocturno de traballo sexa máis dunha hora sen exceder de catro. Para este efecto cosidérase como período nocturno o comprendido entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 31º.-Gratificación de xefe de equipo.

Aboarase o 20% do soldo convenio da categoría correspondente.

Artigo 32º.-Grafiticación de quendas especiais.

Todo traballador que, de común acordo coa empresa, realice quendas nas que o horario non coincida cos habituais, percibirá unha gratificación equivalente ó 30% do seu soldo convenio.

Artigo 33º.-Gratificación de horas extraordinarias.

En materia de horas extraordinarias observarase o disposto nas normas legais aplicables en cada momento.

A empresa facilitaralle trimestralmente ó comité información sobre as horas extraordinarias realizadas.

Artigo 34º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselles a tótolos productores (incluídos os que se atopan no servicio militar) dúas gratificacións equivalentes, cada unha delas, a un mes de salario convenio, gratificación de posto ou de responsabilidade e antigüidade. Estas gratificacións están incluídas dentro do salario bruto anual, recollido para cada categoría nos anexos II e IV.

As datas de aboamento serán as regulamentarias nos dous casos citados.

Capítulo V

Artigo 35º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade na empresa otempo que dure o servicio militar dos traballadores.

Unha vez cumprido, teñen dereito a ocupar un posto na mesma categoría do que desempeñaban ó se incorporaren a filas, sempre e cando se reincorporen ó traballo, como máximo, dous meses despois de finalizado o servicio militar.

Os traballadores que, prestando o servicio militar, desfruten de licencias ou permisos non inferiores a quince días, poderán reintregrarse ó traballo durante o citado período de tempo, sendo obrigatoria a súa admisión pola empresa, sempre que en ámbolos casos media a oportuna atorización militar para traballar.

O traballador que o desexe, avisando cunha antelación de dez días á súa incorporación a filas, poderá cesar na empresa con sete días de antelación, sen devengar ningún xornal.

Artigo 36º.-Excedencias.

Teñen dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria co alcance, limitacións, incompatibilidades e demais circunstancias que se establecen no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes, aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano consecutivo ó servicio da empresa, non podendo instar

nova solicitude, por outra soa vez, ata transcorridos outros dous anos contados desde o termo da anterior.

A duración da excedencia poderá ser entre tres meses e cinco anos.

A petición de excedencia formularase por escrito e deberá ser resolta ós 15 días da súa formulación.

A concesión de excedencia será obrigatoria ou forzosa, cando teña por orixe o desempeño, polo productor, dun cargo de carácter público que imposibilite a asistencia ó traballo. Neste caso, a excedencia daralle dereito ó productor á conservación do posto e mais da antigüidade, e o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan función sinicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa. Sen prexuízo dos dereitos legais de cada traballador, o comité de empresa, valorando en cada momento a situación global de excedencias, decidirá conxuntamente coa dirección sobre o reingreso dos posibles solicitantes.

A dirección de persoal informaralle ó comité de empresa de tódalas peticións de excedencia que se formulen por parte dos traballadores.

Non se poderá acoller ós beneficios estipulados neste artigo o persoal que teñan contrato de duración determinada.

Artigo 37º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederá permiso retribuído, con aboamento do salario convenio máis antigüidade e gratificación de posto ou responsabilidade., nos seguintes casos, sempre que sexan xustificados:

-Casamento: 15 días naturais.

-Parto da esposa: tres días naturais, cun mínimo de dous días laborales.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de cónxuse, fillos, pais ou irmáns: tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de netos, avós ou pais políticos: dous días naturais.

-Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais cun mínimo de dous días laborables.

-Morte de pais, irmáns, netos, avós e pais políticos: tres días naturais.

-Morte de irmáns políticos ou fillos políticos: dous días naturais.

-Morte de irmán do pai ou nai do traballador: un día natural.

-Casamento de irmáns ou fillos: un día natural.

-Traslado de domicilio, habitual: un día natural.

No caso de que o feito causante ocorra fóra da provincia, corresponderá un día natural máis.

O permiso unicamente se poderá utilizar no momento de se produci-lo feito causante.

-Por asuntos propios: tres días laborables, non consecutivos, ó ano, sen retribuír, e sempre que sexan debidamente xustificados.

Artigo 38º.-Incapacidade laboral transitoria.

o traballador que cause baixa por accidente percibirá o 100 por 100 do salario convenio. En baixa por enfermidade, a percepción correspondente será do 75% deste, e a partir dos dous meses, percibirá o 100 por 100, logo de conformidade de dirección e comité de empresa. Así mesmo percibirá estas mesmas porcentaxes sobre a media da gratificación de posto ou responsabilidade realmente percibido durante os tres meses anteriores.

Cando o absentismo total, deducido o xerado por traballadores con ILT de longa enfermidade (superior a 100 días) e o correspondente a permisos retribuídos reflectivos no artigo 37º ou permisos concedidos previamente, sexa igual ou inferior ó 4,5% computado por meses naturais, no conxunto do persoal semanal, os traballadores semanais ou mensuais, en baixa por enfermidade, percibirán, a partir do quinto día de baixa, o 100% do salario ou soldo convenio e a media da gratificación de posto ou responsabilidade que realmente percibisen os tres meses anteriores. Para este efectos a aplicación será un función do absentismo correspondente a cada mes no que se atope de baixa.

Por outra parte, en casos particulares e considerando o informe médico correspondente, poderá acordarse o aboamento ó traballador do 25% non percibido durante os dous primeiros meses.

Arigo 39º.-Promoción profesional.

A empresa establecerá cursos de formación co fin de adecua-los coñecementos dos seus traballadores ante a crecente evolución tecnolóxica.

A través dos oportunos centros de formación profesional, realizaranse cursos de formación e perfeccionamento dos traballadores con carácter gratuíto, para consegui-la promoción profesional e maila capacitación social, tendo en conta como mérito o ter superado estes cursos para os ascensos e provición de vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa.

A empresa outorgaralles ós traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional, permisos para exames que terán carácter de retribuídos, xustificando previamente a asistencia a eles.

Perderán este dereito os que sexan supendidos na metade das materias de que estean matriculados,

considerando como suspensos aquelas nas que non se presenten a exame.

A non aprobación dunha mesma materia en dúas convocatorias producirá tamén a privación destes beneficios.

Naqueles casos que non estean recollidos neste convenio, observarase o disposto na lexislación vixente.

Capítulo VI

Asistencia social

Artigo 40º.-Seguro de vida.

A empresa concerta un seguro de vida en beneficiario do seu persoal, sendo pola súa conta o pagamento da totalidade da prima.

A póliza cobre a partir do 1-6-1998 os capitais que figuran no seguinte cadro:

Accidente laboral ou non laboralNatural ou

enfermidade

Morte4.500.0001.500.000

Invalidez absoluta

e permanente

4.500.0001.500.000

Incapacidade profesional total e permanente1.500.0001.500.000

Invalidez parcial e

permanente

% segundo baremo s/3.000.000

O comité de empresa será o depositario dunha copia de ámbalas dúas pólizas para xeral coñecemento dos dereitos, limitacións e exclusións que nelas de recollen.

Artigo 41º.-Xubilación.

o traballador que ingresase na empresa antes do 1 de xaneiro de 1979 e cumpra os requisitos para acceder á prexubilación pola Seguridade Social adquirirá, ó cumpri-los 60 anos, o dereito á xubilación, garantíndolle a empresa o 100 por 100 da súa percepción bruta correspondente a salario base máis complemento convenio, antigüidade e plus de posto ou responsabilidade, no momento de xubilarse, isto é, completándolle en cada momento, ata esa porcentaxe, a prestación da Seguiridade Social, ata a idade de 65 anos, momento no que quedará desligada a empresa dese compromiso.

Os aumentos oficiais de pensións que non afecten a porcentaxe de percepción serán a beneficio do xubilado.

Para o persoal que ingresase a partir do 31 de decembro de 1978 será necesario, para optar nestas condicións á xubilación anticipada, que na súa antigüidade na empresa sexa de, polo menos, 15 anos.

Artigo 42º.-Axuda escolar.

A empresa concederá 4.000.000 de pesetas, anualmente, en cada mes de setembro, que se distribuirán en bolsas entre os fillos dos traballadores segundo acorde o comité de empresa.

Artigo 43º.-Prestación por nupcialidade.

O persoal fixo da empresa que contraia matrimonio percibirá un premio de nupcialidade de 20.000 ptas.

Artigo 44º.-Prestación por natalidade.

O persoal fixo percibirá por aumento de familia un premio de natalidade de 10.000 pesetas por cada fillo nacido.

Artigo 45º.-Axuda para comedor.

O persoal con horario de 8.15 a 16.30 horas que efectúe a súa comida no comedor da empresa, percibirá por cada día de traballo e comida realizada unha axuda do 50 por 100 do importe desta.

O persoal a quendas, de mañá e tarde, terá por cada día de traballo (luns a venres) unha subvención de 150 pesetas para bocadillo.

Artigo 46º.-Fondo social.

Existe un fondo social para casos de especial necesidade, que se aplicará e desenvolverá de acordo entre a dirección e o comité de empresa.

Capítulo VII

Artigo 47º.-Incremento sobre táboas salariais.

Acórdase un incremento proporcional do 2 por 100 que aparece aplicado sobre salario ou soldo convenio (anexos II e IV) e plus de posto ou responsabilidade (anexos III e IV).

Capítulo VIII

Artigo 48º.-Seguridade e saúde.

A vixilancia da seguridade e saúde é competencia do Comité de Seguridade e Saúde, que poderán suspende-la prestación de traballo dos traballadores afectados por riscos de accidente, mediante a comunicación á dirección e comité da empresa e á autoridade laboral.

O número de compoñentes do Comité de Seguridade e Saúde será paritario na contía que determine o número de delegados de prevención.

Os compoñentes da parte social do Comité de Seguridade e Saúde serán os delegados de prevención, designados por e entre os membros do comité empresa e delegados sindicais.

Artigo 49º.-Comité de empresa e seccións sindicais.

Recoñeceranse os dereitos e garantías establecidos pola lei en favor dos membros do comité de empresa.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Corresponder a centrais sindicais legalizadas.

b) Que agrupen un número de traballadores equivalentes, como mínimo, ó 10 por 100 do cadro de persoal da empresa ou o 15 por 100 da representatividade.

Tanto o comité de empresa coma as seccións sindicais que cumpran as condicións mencionadas, dis

porán de taboleiro de anuncios para as súas publicacións de notas de carácter laboral ou sindical de índole xeral.

Para a publicación de notas relacionadas directamente coa empresa, deberán contar con autorización previa da dirección.

Os membros do comité de empresa desfrutarán de 40 horas mensuais, retribuídas, para desempeñaren as súas funcións de representación.

Poderanse acumula-ls horas sindicais nun membro do comité de empresa, afiliado a centrais, para a súa utilización en actividades sindicais.

Así mesmo, as centrais sindicais que agrupen polo menos o 10 por 100 do cadro de persoal da empresa, ou o 15 por 100 da representatividade, terán dereito a un delegado sindical que deberá ser traballador en activo, desfrutando igualmente de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións.

Poderán reunirse nos locais da empresa e fóra das horas de traballo, os traballadores afiliados e con asistencia de dirixentes do sindicato, avisando previamente a dirección da empresa, que, en función das circunstancias, determinará os locais máis adecuados para o correcto desenvolvemento da citada reunión.

Por petición expresa do traballador afiliado en centrais sindicais, legalmente constituídas e que desempeñen a representación a que se refire este artigo, a empresa descontará na nómina mensual o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación remitirá á dirección de persoal un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical ou sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

No caso de medidas disciplinarias contra membros do comité ou seccións sindicais, actuarase de acordo coa lei, informando simultaneamente o comité de empresa.

Artigo 50º.-Bilingüismo.

Os informes de carácter xeral que sexan publicados no taboleiro de anuncios da empresa redactaranse nos dous idiomas oficiais, castelán e galego.

Artigo 51º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio na empresa. As súas funcións expecíficas serán as seguintes:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

No caso de non haber acordo, a acta reflectirá os diferentes puntos de vista. En ámbolos dous casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección da empresa resolverá o que considere conveniente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles por se deciden acudir coa súa reclamación ante a autoridade laboral competente.

A comisión mixta paritaria comporase de oito vocais, catro da parte económica e catro da parte social, así como dous vocais suplentes por cada unha das citadas partes, segundo a relación nominal anexa.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados, e en segunda convocatoria, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto inicialmente un número paritario de vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión mixta, de común acordo, poderá utiliza-los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de acordo sobre o lugar, día e hora en que deberá celebrarse a reunión.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

Ámbalas partes conveñen en darlle coñecemento á comisión mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 52º.-Competencias do comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidas polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

*Ser informado pola dirección da empresa:

a) Mensualmente sobre a marcha das principais magnitudes da explotación, a saber:

-Horas tralalladas, normais e extraordinarias.

-Absentismo.

-Accidentes de traballo.

-Producción.

-Vendas.

-Facturación.

b) Trimestralmente sobre:

-Evolución xeral do sector e dos negocios.

-Carteira de pedidos.

-Programa de producción.

-Evolución de emprego.

c) Anualmente:

*A mesma información, cos mesmos documentos, posta á disposición dos accionistas, fundamentalmente:

-Memoria.

-Balance.

-Conta de resultados.

d) Tamén será informado, sen periodicidade determinada, cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

-Ser informado das sancións e medidas disciplinarias impostas por faltas graves, pola empresa, a calquera traballador.

Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto observarán sixilo profesional en relación coa información recibida, aínda despois de deixaren de pertencer ó comité de empresa, e en especial en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para fins distintos dos que motivaron a entrega.

Capitulo IX

Artigo 53º.-Cláusula adicional primeira.

Conscientes ámbalas partes de que as melloras recollidas neste convenio e as que se poidan pactar no futuro só se poderán manter e mellorar sobre a base da rendibilidade da empresa, a parte social comprométese coa dirección a colaborar estreitamente na reducción de desviacións internas, reducción do absentismo, mellora da actividades e de calidade e, en xeral, en todo canto poida significar un mellor rendemento da empresa.

Artículo 54º.-Cláusula adicional segunda.

En todo o non previsto neste articulado, será de aplicación o establecido na lexislación laboral vixente.

ANEXO I

Correspondencia entre chanzos convenio

e categorías profesionais

Obreiros:

Chanzos:

0 2: aprendices.

0 3: peóns.

0 4: especialistas.

0 5: oficiais de 3ª.

0 6: oficiais de 2ª.

0 7: oficiais de 1ª.

Empregados:

Chanzos:

E 0: mozos dos recados.

E 1: persoal de limpeza.

E 2: ordenanzas.

E 3: vixilantes.

E 4: choferes e enfermeiros.

E 5. auxiliares administrativos e de organización.

E 6: calcadores e auxiliares de laboratorio.

E 7: oficiais de 2ª administrativos.

E 8: técnicos de organización 2ª, delineantes 2ª analista 2ª laboratorio, cronometradores.

E 9: oficiais 1ª administrativos.

E 10: técnicos organización 1ª, delineantes 1ª, analistas 1ª laboratorio, cronometradores.

E 11: delineantes proxectistas.

E 12: encargados.

E 13: mestres taller e xefes de 2ª administrativos e organización.

E 14: xefes de taller e xefes de 1ª de administrativos e de organización.

E 15: Titulados.

ANEXO II

Salario convenio

Táboa salarial de obreiros

(xornal base+complemento convenio)

ChanzoGrupoPercepción bruta anual

(incluídas gratificacións extraordinarias de xullo

e Nadal)

02 (aprendices)1602.522
2674.994
3747.465

03 (peóns)11.205.831
21.263.807
31.321.785

04 (especialistas)11.350.773
21.408.752
31.466.729

05 (oficial 3ª)11.495.719
21.524.705
31.553.695

06 (oficial 2ª)11.582.685
21.611.674
31.669.652

07 (oficial 1ª)11.698.640
21.771.112
31.843.584

ANEXO III

Plus de posto

Táboa salarial de obreiros.

(Sobre horas de traballo efectivo. Nas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal e mes de vacacións, aboarase a media das percepcións por este concepto nos tres meses anteriores).

NivelPosto de traballoPtas./hora 1998

1Xefes de equipo de forxa164.29
Equipos rotativos de forxa
Palanquistas de forxa
Estampadores de forxa
Outro persoal en equipos de forxa

2Ferreiro142,92
Enderezado palieres en forxa
Lavado de matrices

3Xefes de equipo de corte123,97
Serras, cizallas, corte de palieres
Parque materia prima
Repaso pezas en acabados

NivelPosto de traballoPtas./hora 1998

Xefes de equipo de mantemento
Mantemento preventivo
Oficiais mecánicos e electricistas de mantemento
Montaxe ferramental
Soldadores de matricería

4Carreteiros en forxa115,94
Resto persoal de mantemento

5Xefes de equipo de T. térmicos e acabados109,54
Xefes de equipo de matricería
Axustadores
Xefes de equipo de control de calidade de forxa (*)
Xefes de equipo de mecanización

6Xefes de equipo de control calidade final (*)106,28
Control de calidade de forxa
Magnaflux
Repaso en control final
Soldadura en mecanización
Granallas

7Fresadores99,86
Torneiros de matricería
Ferramentistas
Modelistas
Plantillas
Control de calidade de utensilios
Resto T. térmicos (todos excepto X. equipo)
Resto control final (todos excepto magnaflux e repaso) e expedicións
Torneiros de mecanización
Carreteiros, excepto en forxa
Verificadores de mecanización

8Rectificado93,41
Laboratorio
Engarzado de bandas
Proba a presión de proxectís
Fosfatado, pintura e embalaxe de proxectís

9Vixilante fornos terceira quenda87,03
Limpeza

(*) En caso de rotar cos xefes de equipo de control de calidade de forxa, todos percibirán 109,54 ptas./hora.

ANEXO IV

Soldo convenio

Táboa salarial de empregados (soldo base+complemento convenio).

ChanzoGrupoPercepción bruta anual

(incluídas gratificacións extraordinarias de xullo

e Nadal)

E 1 (œ xornada)750.756

E 2 (ordenanzas)1.292.803

E 3 (vixilante)11.408.752
21.466.729

E 4 (chofer enfermeiro)11.524.705
21.553.695
31.582.685

E 5 (Aux. Adm. e de Organiz.)11.379.762

ChanzoGrupoPercepción bruta anual

(incluídas gratificacións extraordinarias de xullo

e Nadal)

21.408.752
31.437.742

E 6 (calcadores e Aux. Labor.)11.379.762
21.466.729
31.553.695

E 7 (Ofic. 2ª)11.495.719
21.611.674
31.669.652

E 8 (T. Org. 2ª, Dte. 2ª e Anal. 2ª)11.553.695
21.611.674
31.669.652

E 9 (Of. 1ª Adm.)11.698.640
21.771.112
31.843.584

E 10 (T. Org. 1ª, Dte. 1ª e Anal. 1ª)11.698.640
21.771.112
31.843.584

E 11 (Dte. Proxect.)12.249.428
22.445.557

E 12 (encargados)12.134.376
22.210.559
32.284.667

E 13 (X. Adm. 2ª e X. Org. 2ª, mestre taller)1 (*)2.046.506
22.310.212
32.384.314

E 14 (X. Adm. 1ª e X. taller)12.445.557

E 15 (titulado)11.617.130
22.470.556
32.659.374

(*) O nivel E 13-1 só para xefes de 2ª administrativos e de organización.

ANEXO V

Táboa salarial de empregados

Plus de responsabilidade

ChanzoPlus mensual (x 14)Total anual

E 1 (œ xornada4.86268.068
E 211.323158.522
E 313.084186.176
E 414.837207.718
E 512.048168.672
E 612.048168.672
E 714.837207.718
E 814.837207.718
E 917.181240.534
E 1017.181240.534
E 1125.545357.630
E 1223.460328.440
E 1324.502343.028
E 1425.545357.630
E 1526.587372.218

ANEXO VI

Compoñentes da comisión mixta paritaria

De acordo co establecido no artigo 51º do presente convenio, quedan designados vocais da comisión mixta paritaria, os seguintes membros:

Pola dirección da empresa:

José Ciria Pintado.

Leonardo Espinosa Fernández.

Marcos Echeita Sarrionandía.

José Luis Prado Fernández.

José Benavent Trullenque (suplente).

Roberto Álvarez Merino.

Por representación dos traballadores:

José Luis Lobato Martínez.

José Eugenio Lorenzo Alcalde.

Inocencio Quevedo Gómez.

José Luis Alarcón Andrés.

Ignacio Domínguez Carballo (suplente).

Manuel Alonso Rodríguez (suplente).

Polo comité:

José L. Lobato Martínez.

José E. Lorenzo Alcalde.

Antonio Arias Díaz.

Ignacio Domínguez Carballo.

José Luis Alarcón Andrés.

José Mª Concheiro Martínez.

Francisco Gómez Soto.

Epifanio Dafonte Casares.

Inocencio Quevedo Gómez.

Darío González Fontán.

José Luis Regal Lamelo.

Pedro Ortiz Armesto.

Manuel Alonso Rodríguez.

Pola empresa:

Rafael García-Iturri López.

José Ciria Pintado.

José Luis Prado Fernández.

Este convenio foi asinado pola dirección da empresa e a representación dos traballadores, en Ourense o seis de maio de mil novecentos noventa e oito.

5327