Concurso: procedemento aberto.
Orzamento: 114.556.256 ptas. (cento catorce millóns, cincocentas cincuenta e seis mil duascentas cincuenta e seis pesetas.
1. Nome, enderezo, teléfono e telefax do poder adxudicador: organismo autónomo Augas de Galicia, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña (España), teléfono: 981 54 45 51, telefax: 981 54 45 29.
2. Categoría do servicio e descrición. Número de referencia da CCP: categoría 12, número de referencia da CCP 867.
3. Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.
4. a), b), c) Cualificación profesional do persoal responsable: é a indicada no apartado 4.1. do prego de prescricións técnicas particulares.
5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten por unha parte dos servicios de que se trate: non existe posibilidade.
6. Variantes: os licitadores poderán introducir nas súas proposicións as modificacións que poidan facelas máis convenientes para a realización do obxecto do contrato.
7. Prazo de execución do contrato: 18 meses.
8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: organismo autónomo Augas de Galicia, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela-A Coruña (España), teléfono: 981 54 45 51.
b) Data límite para presentación de proposicións: 27 de agosto de 1998, ás 12 horas.
9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das plicas: acto público.
b) Lugar, data e hora desta apertura: sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, día 7 de setembro de 1998, ás 10 horas.
10. Fianza e garantías esixidas:
a) Fianza provisional: dispensada en virtude do artigo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, polo que se modifica o artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
b) Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de contrata (4.582.250 ptas.).
As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: o pagamento efectuarase por certificación mensual aprobada polo presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, obténdose a súa contía a partir da aplicación dos prezos unitarios ás unidades de obra realmente executadas.
12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.
13. Datos referentes á situación de prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.
15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
16. Información complementaria: requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16 da Lei 13/1995, letra a) e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b) da mesma lei.
De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría C, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.
17. Data de envío do anuncio: 26 de xuño de 1998.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 26 de xuño de 1998.
O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.
Emilio García Gallego
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia
6207