Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso de proxecto e execución, polo procedemento aberto, das obras de saneamento integral do fondo da ría de Vigo (Vilaboa, Soutomaior e Pontevedra).

1. Nome, enderezo, nº de teléfono e telégrafo, télex e telefotocopiadora do poder adxudicador: Xunta de Galicia, organismo autónomo Augas de Galicia, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España), teléfono: 981 54 45 51 e telefax: 981 54 45 29.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso de proxecto e execución polo procedemento aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: saneamento integral do fondo da ría de Vigo (Vilaboa, Soutomaior e Pontevedra). De clave: OH.336.343, orzamento estimado: 1.203.113.000 ptas. (mil douscentos tres millóns cento trece mil corenta e seis pesetas).

3.a) Lugar de execución: termos municipais de Vilaboa, Soutomaior e Pontevedra (Pontevedra).

b) Natureza e alcance das prestacións e características da obra: o obxecto da obra é a realización das actuacións precisas para sanear toda a conca vertente á ría de Vigo correspondente ós concellos de Vilaboa, Soutomaior e Pontevedra.

As unidades principais da obra son:

34.066 m.l de instalación de tubos de saneamento de 300 mm de diámetro en PVC.

11.036 m.l de instalación de tubos de 110 mm de diámetro para impulsións.

Número de estacións de bombeo:15.

EDAR de Vilaboa: 3.000 hab.-eq.

EDAR de Arcade (Soutomaior): 8.000 hab.-eq.

EDAR de Soutomaior: 2.000 hab.-eq.

Orzamento estimado: 1.203.113.000 pesetas (mil douscentos tres millóns cento trece mil pesetas).

4. Prazo de execución eventualmente imposto: 24 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no apartado número 1.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de agosto de 1998, ás 12 horas.

b) Enderezo ó que se deben enviar as ofertas: o indicado no apartado 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b)Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 7 de setembro de 1998, ás 10 horas, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda.

8. Se é o caso fianza e garantía esixidas: esixirase unha fianza provisional do 2% do orzamento estimado de contrata (24.062.260 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata da solución elixida.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que a regulan: pagamentos a conta de carácter mensual, baseados na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicataria do contrato: poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme ó artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria: clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría f e grupo K, subgrupo 8, categoría e.

17. Data de envío do anuncio: 26 de xuño de 1998.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 26 de xuño de 1998.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia

6206