Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.446

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xuño de 1998 pola que se convoca concurso de traslados específico entre os funcionarios de carreira do corpo de mestres para cubrir 77 prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril (Diario Oficial de Galicia do 27), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 11 apartado 2º do citado decreto establece que nos colexios de educación infantil e primaria, e nos colexios de educación primaria, nas condicións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determine, se crea un departamento de orientación que abranguerá no seu ámbito de actuación, ademais do propio centro, aqueloutros centros incompletos da mesma zona de escolarización. Este departamento estará coordinado por un mestre responsable da orientación educativa, que exercerá as súas funcións como xefe do dito departamento.

Pola súa parte o artigo 131 do referido decreto establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria cubrirá o posto de traballo do responsable do departamento de orientación naqueles colexios de educación infantil e primaria ou de educación primaria que se determine, a través dun concurso de méritos específico entre os funcionarios do corpo de mestres. Considerándose criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutor ou licenciado en psicopedagoxía ou en psicoloxía ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía), tal como figura no apartado a) do artigo 41 do dito decreto.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998, autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas para a execución e desenvolvemento do establecido nel.

Na súa virtude a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeira.-Convócanse as prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria que se relacionan no anexo I da presente orde.

Segunda.-Poderán participar, con carácter voluntario, na presente convocatoria:

a) Os funcionarios que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros depen

dentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorresen ó remate do presente curso académico, polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Poderán, así mesmo, participa-los funcionarios de carreira do corpo de mestres que teñan destino provisional nun centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceira.-Os mestres que desexen participar nesta convocatoria cubrirán a instancia que para tal fin lles será facilitada polos órganos da Administración educativa, debendo xunta-los documentos xustificativos dos méritos alegados, conforme se prevé no anexo II da presente orde.

Os que aleguen, ademais, estar en posesión dunha das titulacións sinaladas na base sexta da presente orde, presentarán fotocopia compulsada do título correspondente. Así mesmo, os que aleguen estar habilitados en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe presentarán fotocopia compulsada do certificado da habilitación.

Cuarta.-O prazo de presentación de solicitudes e documentos será 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha cambio nas súas peticións.

As instancias, orixinal e copia, así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderán presentarse nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Quinta.-Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran no anexo I da presente orde.

Sexta.-Dereitos preferentes:

Os profesores que se acollan ó dereito preferente farano constar nas súas instancias e indicarán a causa na que apoian a súa petición.

Para os efectos de adxudicación de prazas só se terán en conta os seguintes dereitos preferentes:

1. Dereito preferente ó centro onde se tivese o destino definitivo:

Terán dereito preferente os funcionarios de carreira do corpo de mestres que teñan destino definitivo no propio centro e posúan algunha das seguintes

titulacións: doutor ou licenciado en psicopedagoxía ou en psicoloxía ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía) ou que fosen diplomados nas escolas universitarias de Psicoloxía ata 1974.

Para estes efectos entenderase que os profesores suprimidos teñen destino definitivo no centro no que resultaron suprimidos e computaráselle-lo tempo transcorrido nesta situación sempre que non perdesen o dereito preferente.

2. Dereito preferente á zona educativa:

Terán dereito preferente ás prazas convocadas nunha zona educativa os funcionarios de carreira do corpo de mestres ós que se lles suprimise o seu posto de traballo ou resultasen suprimidos no proceso de adscrición regulado na Orde do 15 de maio de 1996 ou con posterioridade, sempre que continúen nesa situación, nun centro da zona correspondente e non perdesen o dereito preferente, conforme a normativa que regula o concurso de traslados e posúan algunha das titulacións sinaladas no apartado 1 desta base.

Cando existan varios mestres que exercen o dereito preferente ó centro, establecerase a prioridade atendendo ós seguintes criterios, aplicados sucesivamente:

a) Maior antigüidade no centro. Para estes efectos computarase como antigüidade no centro tamén o tempo de permanencia en comisión de servicios, servicios especiais e outras situacións administrativas que non supuxesen perda de destino definitivo.

b) Maior antigüidade no corpo de mestres.

c) Menor número de rexistro persoal ou no seu caso número de lista.

Cando existan varios mestres que exercen o dereito preferente á zona educativa, a prioridade entre eles determinarase pola maior puntuación que resulte da aplicación do baremo que, como anexo II, se publica coa presente convocatoria.

Sétima.-Para a provisión das prazas que se convocan na presente orde, cando non se adxudiquen a través dos méritos preferentes establecidos na base sexta, terán prioridade os mestres que posúan algunha das titulacións relacionadas na citada base. No suposto de concorrer máis dun aspirante, dirimiranse pola aplicación do baremo establecido no anexo II.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos apartados do baremo, establecido no anexo II, pola orde na que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase á puntuación obtida nos distintos subapartados pola orde, igualmente, que aparece no dito baremo. Para estes efectos, deberá terse en conta que naqueles apartados ou subapartados do baremo para os que se estableza unha puntuación máxima,

a puntuación outorgada ós concursantes non a poderá superar. De resultar necesario, utilizarase sucesivamente como último criterio de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do que se ingresou no corpo e a puntuación coa que resultou seleccionado.

Oitava.-A avaliación dos méritos alegados polos concursantes levarase a efecto por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Cada un dos sindicatos pertencentes á mesa sectorial de educación poderá nomear unha persoa representante para asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

Novena.-Realizadas as baremacións dos méritos alegados polos concursantes pocederase, conforme as súas peticións e méritos, á adxudicación provisional dos destinos, que se fará pública nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décima.-Os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, a través do órgano no que presentaron a súa solicitude, no prazo de cinco días naturais a partir da súa exposición.

Décimo primeira.-Consideradas, se é o caso, as reclamacións e renuncias ás que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-la resolución definitiva da adxudicación. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Décimo segunda.-Os funcionarios do corpo de mestres seleccionados pola presente convocatoria exercerán a xefatura do departamento de orientación con carácter definitivo e estarán dedicados exclusivamente ás tarefas de orientación.

Décimo terceira.-Os mestres que resulten adscritos ás xefaturas dos departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria están obrigados a desprazárense ós centros que se lles adscriban, conforme o establecido no Decreto 120/1998 do 23 de abril.

Décimo cuarta.-Nos colexios públicos de educación infantil e primaria e nos de educación primaria nos que a praza de xefe ou xefa do departamento de orientación sexa provista na resolución da presente convocatoria, constituirase o departamento de orientación que terá a composición establecida no artigo 41 do decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo do establecido na base décima segunda, os xefes dos departamentos de

orientación seleccionados por esta orde poderán, temporalmente, impartir docencia directa ó alumnado naqueles casos excepcionais que determine a delegación provincial, logo do informe da Inspección Educativa.

Segunda.-Os especialistas en audición e linguaxe dos equipos psicopedagóxicos de apoio que participen e obteñan praza na resolución da presente convocatoria deberán elixir entre esta praza ou a adxudicada, no seu caso, na resolución do procedemento de adscrición regulado pola Orde do 3 de xuño de 1998.

Terceira.-Quedarán excluídas e polo tanto non se adxudicarán as prazas do anexo I que resulten provistas na resolución da Orde do 8 de xuño de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 16) pola que se establece o procedemento de adscrición do persoal que desempeña as súas funcións nos equipos psicopedagóxicos de apoio ós departamento de orientación e ós equipos de orientación específica.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Provincia: A Coruña.

Código

centro

Nome do centro

Localidade

15000363CEIP Almirante Carrero Blanco (Ponte dos Brozos)Arteixo
15001124CEIP Francisco Vales VillamarínBetanzos
15001471CEIP Francisco FrancoBoiro
15002050CEIP O ArealCamariñas
15023053CEIP do Graxal. O TempleCambre
15002578CEIP Fogar. CarballoCarballo
15021354CEIP BergantiñosCarballo
15003054CEIP Nicolás del RíoCedeira
15019311CEIP María Barbeito e CerviñoA Coruña
15025037CEIP Sagrada FamiliaA Coruña
15005701CEIP S. Pedro de VismaA Coruña
15027253CEIP Isaac Díaz Pardo. AlmeirasCulleredo (Almeiras)
15007242CEIP Mar de FóraFisterra
15007400CEIP de Ponte CarreiraFrades. Ponte Carreira
15007886CEIP Ramón Otero PedrayoLaracha (Torás)
15026765CEIP MilladoiroMalpica
15008490CEIP Víctor SáenzMazaricos. Antes
15009998CEIP Ramón de Artaza y MalvárezMuros (Serres)
15009810CEIP Ricardo TobioMuros (Esteiro)
15010575CEIP de NegreiraNegreira
15012262CEIP Serra de OutesOutes
15011981CEIP Alférez ProvisionalOrtigueira
15013199CEP Salustiano Rei EirasPobra do Caramiñal, A
15013643CEIP A MagdalenaPontes, As
15013977CEIP Santa IrenePorto do Son
15014180CEIP Alfonso D. Rodríguez CastelaoRianxo
15014261CEIP de AguiñoRibeira
15014829CEIP Pedro Barrié de la MazaSada (Mondego)
15016012CEIP Cardenal Quiroga PalaciosSantiago de C.
15022589CEIP Lamas de AbadeSantiago de C.
15019359CEIP Monte dos PostesSantiago de C.
15027332CEIP das FontiñasSantiago de C.
15022590CEIP de RoxosSantiago de C.
15017041CEIP A Igrexa-CaloTeo
15019372CEIP S. VicenteVimianzo

Provincia: Lugo.

Código

centro

Nome do centro

Localidade

27000629CEIP San XoánBecerreá
27002584CEIP Virxe do CarmeBurela
27001816CEIP Veleiro-Do CampoCastro de Rei (Ribeiras de Lea)
27003126CEIP Xoán de RequeixoChantada
27003850CEIP Santa MaríaFonsagrada, A
27016391CEIP O Cantel.Foz
27006000CEIP Juan ReyLourenzá
27014665CEIP Luís PimentelLugo
27014860CEIP A GándaraMonforte de Lemos
27010891CEIP Gregorio SanzRibadeo
27012826CEIP Santa María do ValadouroValadouro, O (Ferreira)
27014941CEP Noriega VarelaViveiro

Provincia: Ourense.

Código

centro

Nome do centro

Localidade

32001002CEIP Xoaquín Lourenzo XocasBande
32001658CEIP Julio Gurriarán CanalejasBarco de Valdeorras, O
32002951CEIP Calvo SoteloCarballiño, O
32003771CEIP Curros EnríquezCelanova
32006358CEIP de LobiosLobios
32007272CEIP Augusto AssíaMezquita, A
32008771CEIP de PrácticasOurense
32010601CEIP Manuel Bermúdez CousoP. de Trives
32011755CEIP Manuel RespinoRúa, A
32016042CEIP de SandiásSandiás
32014501CEIP Rodolfo Núñez RodríguezVilardevós
32013521CEIP Princesa de EspañaVerín
32004830CEIP Sergio MascareñasXinzo de Limia

Provincia: Pontevedra.

Código

centro

Nome do centro

Localidade

36000934CEIP de Castrillón-CoiroCangas
36002773CEIP do FoxoEstrada, A
36003662CEIP Enrique Rodríguez MárquezGondomar
36004472CEIP do CarballalMarín
36016619CEIP de Atín CelaMos (Cela)
36005774CEIP VilameánNigrán
36007591CEIP Manuel Cordo BoullosaPonte-Caldelas
36006420CEIP CampolongoPontevedra
36007023CEIP Xosé Fernández LópezPorriño
36007710CEP de RedondelaRedondela
36008805CEIP de PortonovoPortonovo (Sanxenxo)
36010538CEIP Lope de VegaVigo
36010009CEIP Virxe do RocíoVigo
36010708CEIP Emilia Pardo BazánVigo
36010711CEP Dr. FlemingVigo
36012407CEIP A LombaVilagarcía de Arousa
36015792CEIP Xulio CambaVilanova de Arousa

ANEXO II

Baremo

Documentación xustificativa

A) Tempo de permanencia ininterrompida como funcionario de carreira con destino definitivo no centro desde o que participa.

Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 1 punto por ano.

Polo cuarto ano: 2 puntos.

Polo quinto ano: 3 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 4 puntos por ano.

Polo undécimo e seguintes: 2 puntos por ano.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia a aquela na que teñen acreditado o destino definitivo. De participar pola provincia de destino definitivo, a delegación provincial certificará de oficio estes servicios.
As fraccións de ano computaranse da seguinte maneira: Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo. Fracción inferior a 6 meses, non se computa.
Para os mestres con destino definitivo nun posto de traballo docente de carácter singular, a puntuación deste apartado virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición.
Para os mestres en adscrición temporal a centros publicos españois no extranxeiro ou a función de inspección educativa, a puntuación neste apartado virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na dita adscrición.

B) Tempo de permanencia ininterrompida con destino definitivo en centro ou posto singular desde o que se solicita cando foran catalogados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente.

Polo primeiro, segundo e terceiro ano: 0,50 puntos por ano.

Polo cuarto ano: 1 punto.

Polo quinto ano: 1,50 puntos.

Polo sexto, sétimo, oitavo, noveno e décimo: 2 puntos por ano.

Polo undécimo e seguintes: 1 punto por ano.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta a aquela na que teñen acreditado o destino definitivo. De participar pola provincia de destino definitivo, a delegación certificará de oficio estes servicios.
As fraccións de ano computaranse do seguinte xeito:

Fracción de 6 meses ou superior, como un ano completo.

Fracción inferior a 6 meses, non se computa.

Non se computarán para estes efectos o tempo que se permaneceu fóra do centro en situación de servicio especiais, comisión de servicios, en licencia por estudio ou situacións análogas.

A puntuación resultante por este apartado, engadirase á obtida polo apartado A).

C) Tempo transcorrido en situación de provisionalidade polos funcionarios de carreira que nunca obtiveron destino definitivo.

1 punto por ano de servicios ata que obteñan a propiedade definitiva.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia da que dependen. En caso contrario a delegación certificará de oficio estes servicios.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Os servicios desta clase prestados en centros ou postos clasificados como de especial dificultade por tratarse de difícil desempeño ou de zona de actuación educativa preferente, darán dereito, ademais, á puntuación establecida no apartado B).

D) Anos de servicio activo como funcionarios de carreira no corpo de mestres.

1 punto por cada ano de servicio.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Folla de servicios certificada pola delegación provincial cando presten servicios en distinta provincia na que teñen acreditado o destino. En caso contrario a delegación correspondente certificará de oficio estes servicios.

E) Cursos de perfeccionamiento organizados polas administracións públicas educativas competentes e no seu caso, as homologacións que procedan.Copia compulsada do documento acreditativo.
E.1. Cursos impartidos: por participar, en calidade de ponente, profesor ou dirixir, coordinar ou titorar cursos de formación permanente (entendidos nas súas distintas modalidades: grupos de traballo, seminarios, grupos de formación en centros, cursiños, etc.) convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións con competencias ou realizados por institucións sen ánimo de lucro que foran homologados ou recoñecidos por esta administración, así como os convocados polas universidades:

Documentación xustificativa

0,10 puntos por cada 10 horas acreditadas ata un máximo de 1 punto.
E.2. Cursos superados: pola asistencia a cursos de formación do profesorado (entendidos como se sinala no punto anterior), convocados polos órganos centrais ou periféricos das administracións sen ánimo de lucro e que foran homologados ou recoñecidos por estas mesmas administración así como os convocados polas universidades:
0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados, ata un máximo de 2 puntos.
Por este apartado E) pódese outorgar ata un máximo de 3 puntos.

F) Titulacións académicas distintas ás alegadas para o ingreso no corpo de mestres.Copia compulsada do título ou certificacións académicas cando se trate de cursos superados.
F.1. Titulacións de primeiro ciclo: por cada diplomatura, enxeñería técnica, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes ou polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería: 1,50 puntos.
F.2. Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, inxenerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes: 1,50 puntos.
F.3. Por posuí-lo título de doutor: 2,50 puntos.

Por este apartado pódese outorgar un máximo de 3,00 puntos.

G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto.

Polo desempeño de cargos directivos e, se é o caso, de coordinadores de ciclo, ata un máximo de 10 puntos, outorgarase a seguinte puntuación por ano.

G.1.1. Director/a en centros públicos ou centros de formación continuada do profesorado: 1,50 puntos.
As fraccións de ano computaranse a razón de 0,125 puntos por cada mes completo.
G.1.2. Secretario/a e xefe/a de estudios dos referidos centros: 1 punto.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.
G.1.3. Coordinador/a de ciclo, de departamento, de equipo de normalización lingüística, asesor/a técnico pedagóxico dos CEFOCOS ou mestre adscrito a centros de recursos: 0,50 puntos.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,041 puntos por cada mes completo.

Certificación expedida polo director do centro co visto e prace do inspector de educación da zona, agás no caso dos asesores técnico-pedagóxicos e dos mestres dos centros de recursos que deberán presentar nomeamento expedido pola delegación provincial correspondente.
Publicacións.

G.1.4. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionados con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar: ata 1 punto.

Exemplares con I.S.B.N.
G.1.5. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso:Exemplares con I.S.B.N.
ata 1 punto
G.1.6. Titulacións de ensinanzas de réxime especial.

As titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas por escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música e danza valoraranse da forma seguinte.

Música e danza: grao medio: 0,50 puntos.

Ensinanza de idiomas: ciclo medio: 0,50 puntos.

Ciclo superior: 0,50 puntos.

Fotocopia compulsada de cantos títulos sexan alegados ou certificación acreditativa de ter feitos os estudios conducentes a súa obtención.

H) Outros méritos relacionados co posto:

-Por ter a habilitación/especialización en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe 2 puntos.

-Por cada ano de servicio na especialidade de pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe 1 punto.

-Coordinación de departamentos de orientación nun centro... 2 puntos por ano.

-Anos de servicio activo nos EPSA... 2 puntos por ano.

5595