Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 01 de xullo de 1998 Páx. 7.405

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de maio de 1998 pola que se regula a admisión de alumnado nos ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo (BOE do 4), reguladora do dereito á educación, establece os criterios básicos para a admisión de alumnos e alumnas nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), e o Real decreto 676/1993, do 7 de maio (BOE do 22), establecen as características da formación profesional específica, organizada en ciclos formativos de grao medio e superior.

A Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro (BOE do 21), de participación, avaliación e goberno dos centros docentes, no seu punto 2 da disposición adicional terceria, regula os procedemtnos de admisión do alumnado nas ensinanzas de grao superior de formación profesional.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación profesional no ámbito do sistema educativo, modifica os requisitos de acceso determinados nos reais decretos polos que se establecen os títulos de técnico superior e as correspondentes ensinanzas mínimas, e aplica novos criterios nos procedementos de admisión de alumnos ós ciclos formativos de grao superior. Así mesmo habilita, na súa disposición derradeira primeria, os órganos competentes das comunidades autónomas para dicta-las normas precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.

A disposición derradeira primeira do Decreto 239/1995, do 28 de xullo (DOG do 16 de agosto), que establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directirces sobre os seus títulos, autoriza ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a dicta-las disposicións correspondentes para o desenvolvemento deste decreto.

O Decreto 87/1995, do 10 de marzo (DOG do 28), polo que se regula a admisión de alumnos e alumnas en centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, primaria e secundaria, establece na súa disposición adicional cuarta que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá as normas específicas para regula-lo acceso ós ciclos formativos de grao superior. Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Ámbito de aplicación.

A presente orde será de aplicación ós procesos de admisión do alumnado que desexe cursa-las ensinanza de ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior en centros sostidos con fondos

públicos do ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Formas de acceso ós ciclos formativos de grao superior.

1. O acceso a ciclos formativos de grao superior realizarase mediante acceso directo ou a través da proba regulada pola Orde do 23 de maio de 1998. Ó acceso mediante proba unicamente poderán concorre-las persoas que carezan de requisitos académicos que psoibiliten o acceso directo.

2. Para o alumnado que acredite ter superado a proba de acceso reservarase, cando menos, o 20% das prazas que se oferten para cada ciclo formativo de formación profesional de grao superior.

Terceiro.-Prazo de presentación das solicitudes de preinscrición para o acceso directo.

1. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional establecerá anualmente, considerando a planificación que debe realizar, as datas nas que as persoas solicitantes poderán formaliza-la preinscrición.

2. Antes do inicio do período de preinscrición, a correspondente delegación provincial comunicaralle ós centros o número de grupos e prazas que ofertará para cada ciclo formativo autorizado.

Cuarto.-Solicitude para o acceso directo e documentación que hai que presentar.

1. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo modelo que se xunta no anexo I, que entregará no centro solicitado en primeiro lugar e na que constarán, por orde de preferencia, os centros e, dentro de cada centro, os ciclos nos que desexa ser admitido para cursar estas ensinanzas. Xuntarase á solicitude a documentación acreditativa de tódolos requisitos académicos e xustificantes dos criterios de baremación esablecidos:

-Fotocopia do DNI ou partida de nacemento.

-Certificado de estudios no que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do título, se é o caso.

-Certificado da superación da proba de acceso ó ciclo formativo, se fora o caso.

2. No caso de que a persoa solicitante presente máis dunha instancia, non se terá en conta ningunha delas e procederase á súa escolarización ó final do proceso, se houbese praza. De igual forma procederase respecto das instancias que se presenten fóra de prazo.

Quinto.-Requisitos para o acceso directo.

1. Para acceder directamente ós ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica, será preciso estar en posesión do título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

2. Non obstante o disposto no punto anterior, tamén terán acceso directo as persoas que posúan algún dos requisitos académicos seguintes:

a) Ter superado o segundo curso do bacharelato experimental regulado pola orde ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

b) Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.

c) Estar en posesión do título de técnico especialista, técnico superior ou titulación equivalente a efectos académicos.

d) Estar en possión dunha titulación universitaria ou equivalente.

Sexto.-Prioridades e proceso de admisión.

1. Na admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, ás ensinanzas de ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivametne os seguintes criterios de prioridade:

a) Ter superado algunha das modalidades de bacharelato que se determinan para cada ciclo formativo ou algunha das opcións de COU que se consideran equivalentes, segundo se establece na terceira columna do anexo II da presente orde, ou algunha das modalidades equivalentes do 2º ciclo do bacharelato experimental, segundo se indica no anexo III.

b) Ter superado algunha das modalidades do bacharelato, curso de orientación universitaria ou 2º ciclo de bacharelato experimental, distintas das establecidas no apartado anterior.

c) Estar en posesión do título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente.

d) Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

2. Dentro de cada un dos colectivos indicados nos puntos anteriores, a orde de admisión nos ciclos formativos de grao superior esablecerase segundo os seguintes criterior por orde de prioridade:

-Maior nota media no expediente académico.

-Ter superado as materias de bacharelato que se indican na columna cuarta do anexo II desta orde.

-Ter cursado as ensinanzas desde as que acceden ó ciclo formativo, no mesmo centro educativo e no curso académico inmediatamente anterior.

-Sorteo público que será efectuardo polo órgano competente.

3. Procedemento para o cálculo da nota media do expediente académico.

3.1. No caso do alumnado que cursara o bacharelato que se establece na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, a puntuación obtida como media aritmética das cualificacións acadadas nas diferentes materias de ámbolos dous cursos, expresada con dúas cifras decimais.

3.2. Sempre que sexa necesario para a obtención da nota media do expediente, transforma-la cualificación cualitativa en cuantitativa, empregaranse as seguintes equivalencias:

-Suficiente= 5,5.

-Ben= 6,5.

-Notable= 7,5.

-Sobresaliente e matrícula de honra= 9.

O resultado de aplica-la táboa de equivalencias indicada anteriormente, expresarase como media aritmé

tica das cualificacións medias de tódolos cursos que integran os respectivos plans de estudio, con dúas cifras decimais.

Para estes efectos, para o alumnado procedente do bacharelato unificado e polivalente e do curso de orientación universitaria, a nota media do expediente obterase dividindo entre catro a suma da nota media de cada un dos cursos de BUP máis a de COU.

3.3. Para determina-la media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumno ou alumna teña validadas ou nas que estivera exento ou exento.

Sétimo.-Órganos competentes para resolve-la admisión do alumnado.

1. Tal e como se establece no artigo 17 do Decreto 87/1995, o consello escolar de cada centro público é o órgano competente para decidi-la admisión das persoas que o solicitaran, como primeira opción, no devandito centro público. Nos centros privados concertados, as persoas titulares serán os responsables do estricto cumprimento das normas xerais sobre a admisión de alumnado e corresponde ó consello escolar garanti-lo seu cumprimento.

2. Unha vez concluído o proceso de admisión, o consello escolar publicará as listas de persoas admitidas e non admitidas, en orde decrecente segundo a puntuación asignada. Contra a resolución do consello escolar, as persoas interesadas poderán presentar reclamación segundo se establece no apartado décimo desta orde.

Oitavo.-Información pública do proceso.

Os centros docentes sostidos con fondos públicos que oferten ciclos formativos deberán expoñer nos seus taboleiros de anuncios:

a) Normativa reguladora da admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados.

c) Calendario de publicación da relación do alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións sobre as resolucións do consello escolar.

d) Calendario e normas para formaliza-la matrícula.

Noveno.-Comisións de escolarización.

Para resolver sobre a escolarización daquelas persoas que non obtiveron praza no centro solicitado en primeira opción, poderanse constituí-las seguintes comisións:

1. Comisión de Escolarización Provincial:

1.1. Os delegados provinciais poderán constituír unha comisión de escolarización de formación profesional específica de grao superior para resolver sobre as solicitudes que non obtiveron praza nos centros que se solicitaban en primeira opción.

1.2. No caso de constituírse, as funcións da comisión de escolarización serán:

-Informar das prazas existentes para este tipo de ensinanzas nos centros sostidos con fondos públicos.

-Resolver sobre as solicitudes non atendidas polos centros solicitados en primeiro lugar.

-Resolve-las reclamacións presentadas.

1.3. As comisións provinciais de escolarización estarán compostas por:

a) Un/Unha inspector/a de educación designado/a polo delegado provincial, que será o/a presidente/a e a quen lle corresponderá a dirección técnica do proceso.

b) Tres diretores/as de centros, designados/as polo delegado provincial, do ámbito territorial da comisión, que impartan esta tipo de ensinanzas.

c) Un representante dos pais de alumnos/as designados/as polas asociaciacións ou federacións de asociacións de pais.

Actuará como secretario/a da comisión, con voz e sen voto, un funcionario/a da correspondente delegación provincial.

1.4. No caso de non constituírse a Comisión de Escolarización Provincial, as súas funcións serán asumidas pola Inspección Educativa.

2. Comisión de Escolarización Autonómica.

2.1. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá constituír, cando o coide oportuno, unha comisión de escolarización autonómica que deberá resolver sobre as solicitudes daquelas persoas que non puideron ser escolarizadas polas comisións provinciais.

2.2. Unicamente serán remitidas a esta comisión as solicitudes daquelas persoas que non foron escolarizadas pola comisión provincial ou que solicitaron algún ciclo formativo que non se imparte na súa provincia. Así mesmo, a comisión provincial comunicará o número de prazas dispoñibles en cada un dos ciclos formativos do seu ámbito territorial.

2.3. A comisión de escolarización autonómica estará composta por:

a) O subdirector xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos que actuará como presidente.

b) Un inspector ou inspectora de Educación de cada unha das provincias por proposta do delegado provincial.

Actuará como secretario/a da comisión, con voz e sen voto, un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

3. Reserva de prazas para alumnado con necesidades educativas especiais.

Os centros educativos reservarán, cando menos, o 3% das prazas que se oferten para cada ciclo formativo de grao superior para aquelas persoas con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditado, que obtivesen dictame favorable da comisión de escolarización correspondente.

Para tal fin, comunicarán as solicitudes que se presenten facendo uso desta reserva ás comisións de escolarización que valorarán, en función do grao de discapacidade acreditado mediante certificado da condición de minusválido, emitido polo órgano competente, as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas, co obxecto de garanti-la eficacia da formación e do posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título.

Décimo.-Reclamacións.

1. Contra as resolucións dos consellos escolares, das comisións de escolarización provinciais ou da Ins

pección Educativa, se é o caso, as persoas interesadas poderán presentar reclamación no prazo de dous días, contados a partir da data da súa publicación, ante o órgano que as dictou, que deberá resolver no prazo máximo de cinco días.

2. Contra as resolucións que se indican no punto anterior, a persoa interesada poderá interpoñe-lo recurso ordinario previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia na que se dictou a resolución recorrida, no prazo dun mes. A resolución deste poñerá fin a vía administrativa.

3. Contra a resolución da comisión de escolarización autonómica, a persoa interesada poderá interpoñe-lo recurso ordinario previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante o director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, no prazo dun mes. A resolución deste poñerá fin á vía administrativa.

Décimo primeiro.-Matriculación.

A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quedará condicionada a que haxa un número mínimo de 15 alunmos/as admitidos/as para cada un dos ciclos formativos de grao superior. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional poderá autorizar excepcionalmente a impartición de ciclos formativos con menor número de alumnos/as.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 22 de maio de 1997 pola que se regula a admisión de alumnos e alumnas nos ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior en centros sostidos con fondos públicos e todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó disposto na presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional a dictar tódalas normas precisas para o desenvolvemento desta orde, así como para fixar prazos diferentes dos previstos nesta disposición para a admisión de solicitudes e formalización de matrícula nas ensinanzas obxecto dela e para regular ofertas de formación profesional específica para determinados colectivos de poboación con necesidades especiais.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional. Director Xeral de Centros e Inspección Educativa.

ANEXO II

REQUISITOS DE ACCESO E CRITERIOS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Familia

profesional

Ciclos formativos de

grao superior

Criterios de admisión
-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

ACTIVIDADES AGRARIASXestión e organización de empresas agropecuarias-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Ciencias da terra e do medio ambiente
Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Ciencias da terra e do medio ambiente
ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVASAnimación de actividades físicas e deportivas-Calquera modalidade de bacharelato

-Opción A/B/C/D

-----
ACTIVIDADES MARÍTIMO-PESQUEIRASNavegación, pesca e transporte marítimo-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico
Producción acuícola-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Bioloxía
Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia
ADMINISTRACIÓNAdministración e finanzas-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas
Secretariado-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas
ARTES GRÁFICASDeseño e producción editorial-Artes/ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Debuxo técnico
Producción en industrias de artes gráficas-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
COMERCIO E MARKETINGComercio internacional-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas
Xestión comercial e marketing-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas
Xestión do transporte-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas
Servicios ó consumidor-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

COMUNICACIÓN, IMAXE E SONImaxe-Artes/ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Física
Producción de audiovisuais, radio e espectáculos-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas
Realización de audiovisuais e espectáculos-Artes/ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Física

Familia

profesional

Ciclos formativos de

grao superior

Criterios de admisión
-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

Son-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Física
EDIFICACIÓN E OBRA CIVILDesarrollo de proxectos urbanísticos e operacións topográficas-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico
Desarrollo e aplicación de proxectos de construcción-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

-Mecánica

Realización e plans de obra-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico
ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICADesenvolvemento de productos electrónicos-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia
Instalacións electrotécnicas-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia
Sistemas de regulación e control automáticos-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia
Sistemas de telecomunicación e informáticos-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia
FABRICACIÓN MECÁNICAConstruccións metálicas-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

-Mecánica

Desenvolvemento de proxectos mecánicos.-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

-Tecnoloxía industrial II

Producción por fundición e pulvimetalurxia.-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
Producción por mecanizado.-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

HOSTALERÍA E TURISMORestauración-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-----
Aloxamento-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-----
Axencias de viaxes-Humanidades e ciencias sociais

-Opción C/D

-Xeografía
Información e comercialización turísticas-Artes/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Historia da arte
IMAXE PERSOALAsesoría de imaxe persoal-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-----
Estética.-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Bioloxía

Familia

profesional

Ciclos formativos de

grao superior

Criterios de admisión
-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

INDUSTRIAS ALIMENTARIASIndustria alimentaria-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
INFORMÁTICAAdministración de sistemas informáticos-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-----
Desenvolvemento de aplicacións informáticas-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-----
MADEIRA E MOBLEDesenvolvemento de productos en carpintería e moble-Artes/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Debuxo técnico
Producción de madeira e moble-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
MANTEMENTO DE VEHÍCULOS AUTOPROPULSADOSAutomoción-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

-Mecánica

Mantemento aeromecánico-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

-Mecánica

Mantemento de aviónica-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia
MANTEMENTO E SERVICIOS Á PRODUCCIÓNDesenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de mantenza-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
Mantemento de equipo industrial-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

QUÍMICAAnálisis e control-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Fabricación de productos farmacéuticos e afíns-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Industrias de proceso de pasta e papel-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Industrias de proceso químico-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Plásticos e caucho.-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Química ambiental-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Familia

profesional

Ciclos formativos de

grao superior

Criterios de admisión
-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

SANIDADEAnatomía patolóxica e citoloxía-Ciencias da natureza e da saúde

-Opción A/B

-Biología
Dietética-Ciencias da natureza e da saúde

-Opción A/B

-Bioloxía
Documentación sanitaria-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-----
Hixiene bucodental-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Bioloxía
Imaxe para o diagnóstico-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-----
Laboratorio de diagnóstico clínico-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Bioloxía
Ortoprotésica-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico
Prótese dental-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-----
Radioterapia-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-----
Saúde ambiental-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Ciencias da terra e do ambiente
SERVICIOS SOCIOCULTURAIS E Á COMUNIDADEAnimación sociocultural-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-----
Educación infantil-Calquera modalidade de bacharelato

-Opción A/B/C/D

-----
Interpretación da lingua de signos-Calquera modalidade de bacharelato

-Opción A/B/C/D

-----
Integración social-Ciencias da natureza e da saúde/humanidades e ciencias sociais/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-----

TÉXTIL, CONFECCIÓN E PELCurtidos-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Patronaxe-Artes/ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Debuxo técnico
Procesos de confección industrial-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico
Procesos de ennobrecemento téxtil-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Familia

profesional

Ciclos formativos de

grao superior

Criterios de admisión
-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

Procesos téxtiles de fiadura e tecedura de calada-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
Procesos téxtiles de tecedura de punto-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II
VIDRIO E CERÁMICADesenvolvemento e fabricación de productos cerámicos-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química
Fabricación e transformación de productos de vidrio-Ciencias da natureza e da saúde/tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

ANEXO III

EQUIVALENCIAS ENTRE AS MODALIDADES DO BACHARELATO EXPERIMENTAL REGULADO POLA ORDE MINISTERIAL DO 21 DE OUTUBRO DE 1986 E AS MODALIDADES DO BACHARELATO ESTABLECIDO NA NOVA ORDENACIÓN DO SISTEMA EDUCATIVO

Bacharelato experimentalBacharelato Logse

Artístico.Artes
Ciencias da natureza.Ciencias da natureza e da saúde
Administración e xestión.Humanidades e ciencias sociais

Ciencias humanas e sociais
Lingüístico
Técnico industrialTecnoloxía

6200