Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

EXPOSICIÓN pública das listas de excluídos povisionais para varias plazas de persoal laboral fixo neste ente público.

Por Resolución do 25 de setembro de 1997, fíxose pública a convocatoria das probas para a contratación como persoal laboral fixo de varias prazas no ente público Portos de Galicia, en concreto: 3 prazas de celador-gardapeiraos e 1 praza de administrativo.

En cumprimento do disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación, e ó amparo da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, e segundo o acordo de delegación do Consello de Administración do 23-7-1997, faise pública a relación de excluídos provisionais nas mencionadas convocatorias.

As listas de excluídos provisionais estarán expostas polo prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da presente publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia, en Área Central/Polígono das Fontiñas, praza de Europa, 5-A, 6º B, Santiago de Compostela, e nos taboleiros de anuncios da zona norte ( r/ Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 1º Lugo), zona centro (Avda. Alférez Provisional, nº 1, 1º Dta, A Coruña), e zona sur (r/ Benito Corbal, 37, 3º, Pontevedra) de Portos de Galicia.

Durante un prazo de cinco días naturais contados desde a publicación das listas poderá emendarse calquera erro que sexa emendable.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Prsidente do ente público Portos de Galicia

5716