Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorgou o permiso de investigación Paraíso, número 2638.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 10 de febreiro de 1998 se outorgou o permiso de investigación Paraíso nº 2638, de 24 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Caldas de Reis e Portas, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

5279