Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 142/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28) e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidume de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das intalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,591 km con orixe na L.M.T. Vilar-Crendes (expediente 50618) e final no C.T. proxectado Macenda, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,043 km de lonxitude con orixe no C.T. proxectado Macenda, con

conductor tipo R.Z. (expediente 142/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Macenda (termo municipal de Abegondo).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 26 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 142/1998. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T. e R.B.T. Macenda.Concello: Abegondo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1As CortiñasLaborMaría López TasendeVilar 38, 15640 Crendes, Abegondo234

2As CortiñasLaborJosefa González Dovalr/ Valdoncel 38-1ºI, 15300 Betanzosœ 11646

3As CortiñasLaborElvira Couceiro Núñez

María Couceiro Núñez

r/ Prateiros 8, 15300 Betanzosœ 1184840

4InferniñoPradoJesús Chouza Garcíar/ Federico Tapia 73-8ºI, 15005 A Coruñaœ 2129290

5As CortiñasPradoLeonor Dans MosqueraA Rúa 25, 15640 Crendes, Abegondoœ 2151816

6As BerrogasViveiroNicolas Badia VarelaCrendes s/n, 15640 Crendes, Abegondo60960

7As TorresPradoEchevarría, S.A.r/ Juana de Vega 29-3º, 15004 A Coruña3234576

8As TorresPradoHrds. Antonio Pita Iglesias

Antonio Pita Lisarrague

r/ Joaquín Arroyo 5 Bis-2º, 28033 Madrid761216

9As TorresMonte baixoHrds. Antonio Pita Iglesias

Antonio Pita Lisarrague

r/ Joaquín Arroyo 5 Bis-2º, 28033 Madrid92920

10As TorresPradoHrds. Antonio Pita Iglesias

Antonio Pita Lisarrague

r/ Joaquín Arroyo 5 Bis-2º, 28033 Madridœ C.T.3281245

11As TorresPradoManuel Loureda ValiñoMacenda 6, 15640 Crendes, Abegondo 4 y œ C.T.51221187

5278