Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.354

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 9 de xuño de 1998 pola que se fixan o prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estos prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Guía dos recursos e servicios do Camiñlo Francés: 3.500 ptas.

Pratería e acibeche en Santiago de Compostela: 4.000 ptas.

Anuario de teatro galego 1996: 500 ptas.

A imprenta en Galicia da obra de Manuel Soto Freire: 3.000 ptas.

A viaxe da raíña dona Maríana de Neburgo por Galicia (ano 1690): 3.000 ptas.

Documento espacio e entorno: 2.500 ptas.

Documento espacio y entorno: 2.500 ptas.

Inquedanzas: 800 ptas.

A Cantiga de Mendiño en 28 linguas: 750 ptas.

Xesús Corredoyra (1887-1939): 1.500 ptas.

A nosa literatura infantil e xuvenil 1996: 750 ptas.

O bosque inanimado. Cen anos de cine en Galicia: 750 ptas.

Ruth M. Anderson: Fotogragías de Galicia 1924-1926: 3.700 ptas.

Imaxes da Xustiza en Galicia: 2.000 ptas.

Manuel Murguía: 750 ptas.

5899