Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 30 de xuño de 1998 Páx. 7.348

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 1998, polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 134, do 15 de xullo), regula no seu artigo 8, apartado a) a figura do secretario da confraría. Así mesmo, os reais decretos 1377/1997 e 1378/1997, do 29 de agosto (Diario Oficial de Galicia nº 189, do 1 de outubro de 1997) traspasan á Xunta de Galicia funcións e servicios da Administración do Estado en materia de mergullo e de ensino profesional náutico-pesqueiro que foron asumidos polo Decreto 287/1997, do 9 de outubro (DOG nº 201, do 17 de outubro) e asignados á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Todo isto, así como as propostas de modificación das súas relacións de postos de traballo realizadas polas consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Educación e Ordenación Universitaria, fan necesario modificar parcialmente as relacións de postos de traballo das citadas consellerías.

En consecuencia, por proposta das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Educación e Ordenación Universitaria, e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de xuño de 1998 adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la modificación das vixentes relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura nos termos que se sinalan nos anexos I, II e III do presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación de dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de xuño de 1998, relativo á aprobación da modificación das relacións de postos de traballo das consellerías da Presidencia e Administración Pública, de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publiquen as citadas modificacións no Diario Oficial de Galicia como anexos a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Consellería da Presidencia e Administración Pública

Na relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995, realízanse as seguintes modificacións:

1) Na páxina 8.670, no centro de destino «S.X. XESTIÓN DE PERSOAL».

-No posto PR.C03.00.002.15770.017.- XEFE SECCIÓN PERSOAL FUNCIONARIO, na columna Titulación académica suprímese 2062 e na columna Formación específica engádese o código 069.

-No posto PR-C03.00.002.15770.025. XEFE SECCIÓN PERSOAL LABORAL, na columna Formación específica engádese o código 069.

2) Na páxina 8.675, no centro de destino SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE, o posto PR.P04.00.000.15770.002.- POSTO BASE GRUPO A, pasa a ser:

Código do posto: PR.P04.00.001.15770.014.

Denominación: XEFE DE SECCIÓN DE LEXISLACIÓN DEPORTIVA.

Vacante: NON.

Nivel: 25.

Complem. específico: 1.171.464.

Tipo posto: N.

Forma prov.: C.

Grupo: A.

Corpo/escala: XERAL.

Titulación académica: 2062.

e ocupando o lugar que lle corresponde segundo o seu código de posto na SUBDIREC. XERAL DEPORTES.

ANEXO II

Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria

Na relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 227 do 27 de novembro de 1995, realízanse as seguintes modificacións:

Persoal laboral

Supresións:

-Na páxina 8.766, no centro de destino DELEGACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA suprímese o posto ED.C99.10.000.15001.079.- TELEFONISTA.

-Na páxina 8.776, no centro de destino COL. PUBL. R. OTERO PEDRAYO (LARACHA), suprímese o posto ED.C99.40.101.15400.006.- AXUDANTE COCIÑA.

-Na páxina 8.784, no centro de destino CTRO. EDUC. ESP. REXIONAL DE XORDOS (SANTIAGO DE COMPOSTELA), suprímese o posto de traballo ED.C99.40.902.15770.016.- EDUCADOR/A.

-Na páxina 8.789, no centro de destino COL. PUBL. SAN ROMÁN DE CERV. (CERVANTES), suprímese o posto ED.C99.40.104.27120.001.- AXUDANTE COCIÑA.

-Na páxina 8.792, no centro de destino COL. PUBL. LUIS DÍAZ MORENO (BARALLA), suprímese o posto de traballo ED.C99.40.101.27300.003.- AXUDANTE COCIÑA.

-Na páxina 8.793, no centro de destino COL. PUBL. LUIS DÍAZ MORENO (BARALLA), suprímese o posto ED.C99.40.101.27350.003.- AXUDANTE COCIÑA.

Creacións:

-Na páxina 8.766, no centro de destino ESCOLA FORM. PROF. IMAXE E SON (A CORUÑA) créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.201.15001.007.

Denominación: LIMPADOR/A.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: MEDIA XORNADA.

-Na páxina 8.780, no centro de destino INST. FORM. PROFESIONAL FRAGA DO EUME (PONTEDEUME) créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.201.15680.010.

Denominación: EMPREGADO/A COCIÑA-PINCHE.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: A TEMPO PARCIAL 9,5 MESES.

-Na páxina 8.787, no centro de destino INST. EDUC. SEC. PROF. SANXILLAO (LUGO) créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.306.27001.010.

Denominación: EMPREGADO/A COCIÑA-PINCHE.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: A TEMPO PARCIAL 9,5 MESES. MEDIA XORNADA.

-Na páxina 8.799, no centro de destino ESCOLA OF. IDIOMAS (OURENSE) créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.501.32001.012.

Denominación: LIMPADOR/A.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: MEDIA XORNADA.

Na páxina 8.809, a continuación do INST. EDUC. SEC. LUIS SEOANE (PONTEVEDRA) créase un novo centro de destino INST. EDUC. SEC. HOSTELERÍA (PONTEVEDRA) co seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.307.36001.008.

Denominación: EMPREGADO/A COCIÑA-PINCHE.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: A TEMPO PARCIAL 9,5 MESES.

Na páxina 8.809, no centro de destino ESCOLA OF. IDIOMAS (PONTEVEDRA) créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.501.36001.012.

Denominación: LIMPADOR/A.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: MEDIA XORNADA.

-Na páxina 8.813, no centro de destino INST. FORM. PROFES. MOAÑA créase o seguinte posto de traballo:

Código do posto: ED.C99.40.201.36290.010.

Denominación: LIMPADOR/A.

Vacante: SI.

Forma de provisión: C.

Grupo: V.

Categoría: 11.

Titulación académica: SEGUNDO CONV.

Observacións: MEDIA XORNADA.

Modificacións:

-Na páxina 8.774, no centro de destino INGABAD (FERROL) posto con código ED.C99.40.306.15350.007.- LIMPADOR/A œ XORNADA, cambia de denominación pasando a denominarse LIMPADOR/A.

-Na páxina 8.789, o centro de destino ESCOLA FOGAR DE S. ROMÁN (CERVANTES) pasa a denominarse COL. PUBL. SAN ROMÁN DE CERVANTES (CERVANTES).

-Na páxina 8.791, no centro de destino INST. FORM. PROFESIONAL DE FOZ o posto con código ED.C99.40.201.27190.011.- LIMPADOR/A œ XORNADA, cambia de denominación pasando a denominarse LIMPADOR/A.

-No Diario Oficial de Galicia nº 87, do 3 de maio de 1996, na páxina 4.053, no centro de destino INST. BACHARELATO MIXTO DE MONFORTE DE LEMOS o posto con código ED.C99.40.301.27300.012.- LIMPADOR/A œ XORNADA, cambia de denominación pasando a denominarse LIMPADOR/A.

ANEXO III

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

Na relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, realízanse as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Supresións:

-No Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995, na páxina 8.972, no centro de destino DELEG. COMARCAL RIBEIRA suprímese o posto PE.C99.30.000.15720.018.- PATRÓN.

Modificacións:

-No Diario Oficial de Galicia nº 227, do 27 de novembro de 1995, na páxina 8.967, no centro de destino D.X. FORM. PESQ. E INVESTIGACIÓN cambian de código os seguintes postos:

-O posto PE.C05.00.000.15770.008.- POSTO BASE GRUPO C, pasa a ser PE.C05.00.000.15770.007.

-O posto PE.C05.00.000.15770.019.- SERV. EXTENSIÓN PESQUEIRA, pasa a ser PE.C05.00.000.15770.018.

-O posto PE.C05.00.000.15770.020.- SECCIÓN PROMOCIÓN SOCIAL, pasa a ser PE.C05.00.000.15770.019.

-No Diario Oficial de Galicia nº 178, do 11 de setembro de 1996 (correccións de erros DOG nº 179, do 12-9-1996), no centro de destino D. X. FORM. PESQ. E INVESTIGACIÓN o posto PE.C05.00.000.15770.025.- XEFE DE NEGOCIACO DE TITULACIÓNS, cambia de denominación pasando a denominarse NEGOCIADO DE TITULACIÓNS DE LECER.

5893