Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 27 de marzo de 1998, aprobou as bases específicas para a provisión de prazas vacantes no cadro de

persoal funcionario do concello que se publican a seguir deste anuncio.

A convocatoria rexerase ademais polas bases xerais para a selección de persoal funcionario do Concello de Nigrán publicadas no BOP do 3 de abril de 1996 e no DOG do 25 de abril de 1996.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Nigrán, 1 de xuño de 1998.

José Villar Pereira

Alcalde

Bases específicas para o acceso á subescala técnica de Administración xeral.

I. Número e características das prazas convocadas: convócanse probas selectivas para o acceso á escala de Administración xeral, subescala técnica (grupo A) deste concello. O numero de prazas convocadas é dunha, que corresponde á vacante no cadro de persoal funcionario deste concello, incluída na oferta de emprego público de 1997.

A selección rexerase, ademais de por estas bases específicas, polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 1996.

II. Requisitos dos aspirantes: para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes, deberán, ademais de cumpri-los requisitos establecidos nas bases xerais, estar en posesión do título de licenciado universitario.

III. Sistema selactivo: será o de concurso-oposición libre.

IV. Fase de concurso: nesta fase valoraranse os méritos acreditados polos aspirantes, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade. Por cada ano completo de servicio efectivo como funcionario:

a) Na Administración local: 0,4 puntos/ano.

b) Noutras administracións públicas: 0,2 puntos/ano.

A puntuación máxima neste apartado será de 5 puntos.

2. Méritos relacionados coa carreira administrativa e cos postos desempeñados, que se valoraran ata un máximo de 2 puntos.

3. Nivel de formación:

3.1. Outros títulos académicos distintos do esixido, ata un máximo de 4 puntos:

-Doutor: 2,5 puntos.

-Licenciado: 2 puntos.

-Diplomado: 1,5 puntos.

3.2. Cursos: relacionados cos cometidos propios da escala de Administración xeral, ata 4 puntos, de conformidade co seguinte criterio:

-Polo curso superior de urbanismo: 2 puntos.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 100 horas: 1 punto.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso de menos de 30 horas: 0,20 puntos.

-Por asistencia a xornadas, seminarios ou similares: 0,05 puntos por cada un.

3.3. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación, 0,50 puntos; curso de perfeccionamento, 1 punto (neste caso non se puntuará o de iniciación).

V. Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro.-Contestar por escrito, no tempo máximo dunha hora e media, dous temas sacados ó chou, correspondentes ó programa que figura no anexo, a razón dun tema de entre os 45 primeiros e outro do resto do programa.

Segundo.-Realización, no tempo máximo de dúas horas, dun ou varios casos prácticos propostos polo tribunal, relacionados coas materias do programa. Poderanse usar textos legais non comentados.

Cualificación dos exercicios da oposición: os exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Cada exercicio será valorado de 0 a 20 puntos e para superalos será preciso acadar un mínimo de 10 puntos en cada un deles.

ANEXO

Primeira parte: dereito político e constitucional.

Tema 1. O Estado de dereito. Concepto e aproximación histórica.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5. A Coroa.

Tema 6. O poder lexislativo.

Tema 7. O poder xudicial.

Tema 8. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 9. Os partidos políticos. Grupos de presión. A opinión pública.

Tema 10. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Segunda parte: dereito administrativo.

Tema 11. A Unión Europea. O proceso de integración.

Tema 12. A unificación económica de Europa. As liberdades básicas do sistema comunitario.

Tema 13. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión.

Tema 14. O Parlamento europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 15. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 16. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do goberno. O Tribunal Superior de Xustiza.

Tema 17. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 18. Galicia ante a Unión Europea: a cooperación interrexional no marco comunitario.

Tema 19. O ordenamento xurídico administrativo: estructura e características. A lei e as súas clases.

Tema 20. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 21. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles. Cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 22. Fases do procedemento administrativo. O silencio administrativo.

Tema 23. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 24. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 25. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 26. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 27. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Terceira parte: Administración local.

Tema 28. Réxime local español: principios constitucionais.

Tema 29. A provincia no réxime local galego. Organización provincial. Competencias.

Tema 30. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 31. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 32. Organización municipal.

Tema 33. Competencias municipais.

Tema 34. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 35. A función pública local e a súa organización.

Tema 36. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 37. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 38. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 39. Información e participación cidadá.

Tema 40. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 41. A cooperación descentralizada.

Tema 42. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 43. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 44. Facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 45. O orzamento local.

Cuarta parte: dereito urbanístico.

Tema 46. O dereito urbanístico en España: evolución histórica.

Tema 47. A distribución constitucional das competencias en materia de ordenación do territorio, urbanismo e vivenda e o papel das distintas administracións públicas.

Tema 48. A Lei do solo de Galicia. Principios inspiradores e xerais. Análise valorativa da súa tramitación parlamentaria.

Tema 49. O planeamento urbanístico. Concepto. Clases de instrumentos de ordenación.

Tema 50. Plans parciais. Obxecto e determinacións. Documentación.

Tema 51. Os plans especiais.

Tema 52. Estudios de detalle. Proxectos de urbanización.

Tema 53. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación. Actos preparatorios. Iniciativa particular. Competencia.

Tema 54. A aprobación dos instrumentos de planeamento. Elaboración. Tramitación. Prazos.

Tema 55. Vixencia e revisión dos plans.

Tema 56. Efectos da aprobación dos plans.

Tema 57. Réxime urbanístico do solo. Clasificación do solo.

Tema 58. Réxime das distintas clases e categorías de solo: o solo urbano e o non urbanizable.

Tema 59. O solo de núcleo rural e o solo rústico.

Tema 60. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos.

Tema 61. Distribución de cargas e beneficios. As áreas de reparto.

Tema 62. O aproveitamento tipo.

Tema 63. Instrumentos para a distribución de cargas e beneficios.

Tema 64. As reparcelacións.

Tema 65. As transferencias de aproveitamento urbanístico.

Tema 66. Execución dos plans de ordenación. Orzamentos. Os polígonos.

Tema 67. Sistemas de actuación.

Tema 68. Compensación.

Tema 69. Cooperación.

Tema 70. Expropiación.

Tema 71. Obtención de terreos de sistemas xerais e dotacionais públicos.

Tema 72. Instrumentos de intervención no mercado do solo.

Tema 73. Os convenios urbanísticos.

Tema 74. Intervención da edificación e no uso do solo. As licencias urbanísticas.

Tema 75. Deber de conservación e ruína.

Tema 76. Parcelacións.

Tema 77. A protección da legalidade urbanística.

Tema 78. As infraccións urbanísticas.

Tema 79. As sancións.

Tema 80. As normas subsidiarias de planeamento de Nigrán.

Tema 81. As normas subsidiarias de Nigrán: sistema de núcleos de poboación. Identificación, definición e tratamento urbanístico.

Tema 82. As normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas reguladoras. Normas xerais de uso.

Tema 83. As normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas de regulación do solo urbano.

Tema 84. As normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas reguladoras do solo urbanizable.

Tema 85. As normas subsidiarias de Nigrán: normas urbanísticas para o desenvolvemento de plans especiais.

Tema 86. As normas subsidiarias de Nigrán: normas de protección de infraestructuras.

Tema 87. As normas subsidiarias de Nigrán: bens culturais, naturais e paisaxísticos suxeitos a protección.

Tema 88. As normas subsidiarias de Nigrán: ordenación do sistema viario.

Tema 89. Lexislación protectora do ambiente. Outra lexislación sectorial con incidencia urbanística.

Tema 90. Medio comarcal do municipio de Nigrán.

Bases específicas para o acceso á subescala técnica de Administración especial.

I. Número e características das prazas convocadas: convócanse probas selectivas para o acceso á escala de Administración especial, subescala técnica deste concello, praza de arquitecto técnico (técnico medio do grupo B). O numero de prazas convocadas é unha, que corresponde á vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público de 1997.

A selección rexerase, ademais de por estas bases específicas, polas bases xerais das convocatorias para cubrir prazas de funcionarios e persoal laboral fixo, aprobadas polo Pleno do Concello en sesión celebrada o 26 de xaneiro de 1996.

II. Requisitos dos aspirantes: para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán, ademais de cumpri-los requisitos establecidos nas bases xerais, estar en posesión do título de aparellador ou arquitecto técnico.

III. Sistema selectivo: será o de concurso-oposición libre.

IV. Fase de concurso: nesta fase valoraranse os méritos acreditados polos aspirantes, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo traballando ó servicio da Administración:

a) Na Administración local: 0,4 puntos/ano.

b) Noutras administracións públicas: 0,2 puntos/ano.

A puntuación máxima neste apartado será de 5 puntos.

2. Méritos relacionados cos postos desempeñados, en función da súa similitude co que agora se convoca, que se valoraran ata un máximo de 2 puntos.

3. Nivel de formación:

3.1. Outros títulos académicos distintos do esixido, ata un máximo de 4 puntos:

-Doutor: 2,5 puntos.

-Licenciado: 2 puntos.

-Diplomado: 1,5 puntos.

3.2. Cursos: relacionados cos cometidos propios desta subescala de Administración especial, ata 4 puntos, de conformidade co seguinte criterio:

-Polo curso superior de urbanismo: 2 puntos.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 75 horas: 1 punto.

-Por cada curso de duración igual ou superior a 30 horas: 0,50 puntos.

-Por cada curso de menos de 30 horas: 0,20 puntos.

-Por asistencia a xornadas, seminarios ou similares: 0,10 puntos por cada un.

3.3. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación, 0,50 puntos; curso de perfeccionamento, 1 punto (neste caso non se puntuará o de iniciación).

V. Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

Primeiro.-Contestar por escrito, no tempo máximo dunha hora e media, dous temas sacados ó chou, correspondentes ó programa que figura no anexo, a razón dun tema de entre os 30 primeiros e outro de entre os 30 derradeiros.

Segundo.-Realización, no tempo máximo de dúas horas, dun ou varios casos prácticos propostos polo tribunal, relacionados coas materias do programa. Poderanse usar textos legais non comentados.

Cualificación dos exercicios da oposición: os exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios. Cada un deles será valorado de 0 a 20 puntos e para superalos será preciso acadar un mínimo de 10 puntos en cada un deles.

ANEXO

Parte xeral

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Tema 3. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Eficacia.

Tema 4. O municipio. O térmo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 8. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento.

Tema 9. Procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 10. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos da constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 11. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 12. O patrimonio das entidades locais. Clases de bens. Alleamento de bens.

Parte específica.

Tema 13. A Lei do solo de Galicia. Contido. Aspectos xerais.

Tema 14. O planeamento urbanístico. Concepto. Clases de instrumentos de ordenación.

Tema 15. Plan xeral municipal de ordenación. Concepto, función e obxecto. Contido material e documental.

Tema 16. Plans parciais. Obxecto e determinacións. Documentación.

Tema 17. Os plans especiais. Concepto e finalidade, contido documental. Elaboración e tramitación.

Tema 18. Estudios de detalle. Concepto e finalidade. Limitacións. Contido documental e tramitación.

Tema 19. Proxectos de urbanización. Concepto, fins, natureza, contido substantivo e documental.

Tema 20. Elaboración e aprobación dos instrumentos de ordenación. Actos preparatorios. Iniciativa particular. Competencia.

Tema 21. A aprobación dos instrumentos de planeamento. Elaboración. Tramitación. Prazos.

Tema 22. Aplicación temporal dos plans municipais. Vixencia, revisión e modificación dos plans.

Tema 23. Efectos da aprobación dos plans.

Tema 24. Normas de aplicación directa.

Tema 25. Clasificación dos distintos tipos de solo no planeamento xeral.

Tema 26. Réxime das distintas clases e categorías de solo: o solo urbano e urbanizable.

Tema 27. Ídem: o solo de núcleo rural e o solo rústico.

Tema 28. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos.

Tema 29. Distribución de cargas e beneficios. As áreas de reparto.

Tema 30. O aproveitamento tipo.

Tema 31. Instrumentos para a distribución de cargas e beneficios: clases.

Tema 32. As reparcelacións.

Tema 33. Transferencias de aproveitamento urbanístico.

Tema 34. Execución dos plans de ordenación. Orzamentos. Os polígonos.

Tema 35. Sistemas de actuación.

Tema 36. Compensación.

Tema 37. Cooperación.

Tema 38. Expropiación.

Tema 39. Deber de conservación e ruína.

Tema 40. Parcelacións.

Tema 41. A protección da legalidade urbanística.

Tema 42. As infraccións urbanísticas.

Tema 43. As sancións administrativas.

Tema 44. Normas subsidiarias de Nigrán: o sistema de núcleos. Identificación e definición dos núcleos de poboación. Tratamento urbanístico.

Tema 45. Normas subsidiarias de Nigrán: normas xerais de uso. Condicións de uso. Disposicións de aplicación xeral. Tipos de uso.

Tema 46. Normas subsidiarias de Nigrán: regulación dos usos de vivenda e hoteleiro.

Tema 47. Normas subsidiarias de Nigrán: regulación dos usos comercial e de oficinas.

Tema 48. Normas subsidiarias de Nigrán: regulación do uso de garaxe, aparcamento e servicio do automóbil

Tema 49. Normas subsidiarias de Nigrán: normas xerais da edificación. Conceptos de aliñación, liña de edificación, altura de edificios, superficie ocupada e edificable.

Tema 50. Normas subsidiarias de Nigrán: medición de alturas nas edificacións. Concepto de planta soto, semisoto e planta baixa.

Tema 51. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenación do sistema viario de Nigrán.

Tema 52. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas de regulación das zonas de solo urbano.

Tema 53. Normas subsidiarias de Nigrán: ordenanzas de regulación do solo non urbanizable.

Tema 54. Normas subsidiarias de Nigrán: patrimonio cultural. Edificios de protección integral e non integral.

Tema 55. Normas subsidiarias de Nigrán: normas reguladoras das situacións fóra de ordenación.

Tema 56. Lexislación de estradas. Limitación da propiedade nas estradas no estatais de Galicia. Clasificación de estradas. A súa división.

Tema 57. Normativa con incidencia na edificación, relativa á seguridade, accesibilidade e salubridade.

Tema 58. Os aspectos urbanísticos da lexislación de costas do patrimonio histórico e de augas.

Tema 59. A regulación de espectáculos públicos e das actividades molestas.

Tema 60. A lexislación sobre o ambiente e sobre a protección contra a contaminación acústica.