Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 29 de xuño de 1998 Páx. 7.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno Corporativo con data do 11 de xuño de 1998 aprobouse o expediente administrativo para contratar mediante concurso con procedemento aberto a obra do centro socio-cultural de Cedeira.

A través do presente anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cedeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 4/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: construcción do centro socio-cultural.

b) Lugar de execución: Cedeira.

c) Prazo de execución: 2 anos de acordo co programa de traballo aprobado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento, base de licitación e criterios de selección:

a) Orzamento: 114.000.000 de ptas.

b) Criterios de selección:

-Oferta económica: ata 6 puntos.

-Solucións técnicas que melloren o proxecto aprobado: ata 5 puntos.

-Relación de equipos, maquinaria e medios auxiliares: ata 5 puntos.

-Sistema de aseguramento da calidade segundo normas UNE-EN-ISO 9000: 4 puntos.

-Obra de natureza análoga: ata 3 puntos.

-Persoal adscrito á obra: ata 3 puntos.

5. Garantías:

a) Provisional: 2.280.000 ptas.

b) Definitiva: 4.560.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Domicilio: r/ Real, 15.

c) Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Teléfono: 981 48 00 00.

e) Telefax: 981 48 25 06.

f) Data límite para obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría C.

b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Cedeira. Dirección: r/ Real, 15. Localidade e código postal: Cedeira 15350.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de plicas.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Cedeira.

b) Dirección: r/ Real, 15.

c) Localidade: Cedeira 15350.

d) Data: primeiro mércores hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 13 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Cedeira, 18 de xuño de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado

5829