Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante poxa, de diversas obras de fondos propios 1998.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto mediante poxa, das obras que a continuación se detallan:

1. C.P. PO-8302 Salceda-Caldelas (Salceda-Tui): 8.100.000 ptas.

2. C.P. PO.2005 Sol-Pardemarín (A Estrada): 8.213.380 ptas.

3. C.P. PO-1101 Cruces-Cumeiro (Vila de Cruces): 12.000.000 de ptas.

4. C.P. PO-Caroi-A Lama (Cotobade): 10.076.920 ptas.

5. C.P. Igrexia Paradela (Meis): 5.521.600 ptas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación para tódalas obras.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 4 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

5964