Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.287

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA de obras da 6ª relación do interreg e rede viaria local.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente.

As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense.

A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial.

A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras:

-Nº 9/Interreg/97, estrada Bande-Lobeira-Entrimo-fronteira de Portugal, nos concellos de Lobeira, Bande e Lobios, prazo de execución 4 meses, clasificación esixida G.6.e, con orzamento de 90.000.000 de ptas.

-Nº 11/Interreg/97, estrada Xinzo-Cualedro-A Xironda-fronteira de Portugal, no concello de Xinzo de Limia, prazo de execución 4 meses, clasificación esixida, G.6.e, con orzamento de 124.200.000 ptas.

-Nº 43/RVL (do plan base)/98, CV 112 Ganceiros-Lobios, no concello de Lobios, prazo de execución 5 meses, clasificación esixida G.6.c, con orzamento de 30.000.000 de ptas.

Ourense, 19 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado

5511