Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para adxudicar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, para levar a cabo un contrato específico e concreto non habitual, consistente na selección de ideas para construír un monumento na localidade de San Cibrao (cruzamento de acceso ó peirao e ó faro), así como a súa execución.

Este anuncio faise en cumprimento do disposto no Art. 326.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

O anuncio no modelo formalizado remitiuse ó BOP. O prazo para presentar ofertas, que será de 13 días naturais, empezará a contar desde a publicación do devandito anuncio no BOP.

Para maior información poden dirixirse a:

Concello de Cervo, Praza do Concello, 27891-Cervo (Lugo). Tfno: 982- 55 77 77. Fax: 982-55 77 29.

Cervo, 3 de xuño de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

5541