Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1DP/98 que ten por obxecto a contratación dun servicio para transportar mostras para analíticas entre os centros de saúde e os laboratorios do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera e do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22-5-1996, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegacion de atribucións en órganos centrais e periféricos; e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 1DP/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación dun servicio para transportar mostras para analíticas entre os centros de saúde e os laboratorios do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera e do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 50, do 13 de maio de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 5.098.071 pesetas. (IVE incluído) (cinco millóns noventa e oito mil setenta e unha pesetas).

5. Adxudicacións:

a) Data: 7 de maio de 1998.

b) Contratistas: deserto.

A Coruña, 7 de maio de 1998.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

5432