Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 346/1997).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das intalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,172 km, con orixe no apoio 5 da L.M.T. a C.T. Orellán (expediente 23960) e final no centro de transformación proxectado de Penas-Orellán, cunha potencia de 50 kVA tipo intemperie. Unha rede de baixa tensión de 1,37 km de lonxitude con

orixe en C.T. Penas-Orellán, e unha rede de baixa tensión de 0,665 km de lonxitude con orixe

no C.T. Campanario-Abuín, en conductor tipo R.Z. e apoios de formigón (expediente 346/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Penas-Orellán.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 346/97. Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T. Penas, OrellánTermo municipal: Porto do Son.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6ArealLabradíoJoaquín Calo DeanA Roda 28, 15970 Porto do Son20150

11ArealPradoCarmen Calo ManeiroBaroña, Igrexa 7, 15979 Porto do SonC.T.3110

4147