Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 49/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón (2) e metálicos (1), con conductor LA-56, de 212 m de lonxitude, con orixe na liña Betanzos-Carral (expediente 27209) e final no C.T. Marces que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón

de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV do que parte unha rede de baixa tensión sobre apoios de fomigón e conductor R.Z. de 95 e 54 mm Al

e 69 m de lonxitude. Municipio de Abegondo (expediente 49/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica da zona de Marces.

En consecuencia, calquera persoa e os intresados que figuran na realción anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se se ignora o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 24 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 49/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T. de Marces.Termo municipal: Abegondo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1OutrisLabradíoHrds. Benita García García, Bendicto Rodríguez RodríguezLugar do Monte, 59, 15318 Mabegondo, Abegondo18144

2OutrisPradoMariano Muíño VilarOutris, 35, 15318 Mabe-

gondo, Abegondo

18144

3OutrisLabradíoHrds. Benita García

García, Benedicto

Rodríguez Rodríguez

Lugar do Monte, 59, 15318 Mabegondo, Abegondoœ-1179632

4OutrisLabradíoMariano Muíño VilarOutris, 35, 15318 Mabe-

gondo, Abegondo

œ-1179632

5Lugar de MontePradoLuis Gamallo MarzoaLugar do Monte, 24, 15318 Mabegondo, AbegondoŒ-20,545415

6Lugar de MontePradoMarisol Gamallo Marzoa Langra, 6, 15318 Mabegondo, AbegondoŒ-20,5LAT88

7Lugar de MonteLabradíoJacinto Busto SánchezLugar do Monte, 26, 15318 Mabegondo, Abegondoœ-2 y C.T.754864

4148