Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.232

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 178/1998, do 25 de xuño, polo que se dispón que cese Julián Trincado Settier, como presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

En virtude do establecido no artigo 5.3º do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta

de Galicia na súa reunión do día vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Que cese Julián Trincado Settier como presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

6133