Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.224

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA VIGO (COMISIÓN ELECTORAL)

AVISO da elección dos conselleiros xerais en representación dos impositores.

Proseguindo co desenvolvemento do proceso electoral para a renovación parcial dos órganos de goberno desta entidade, ponse en coñecemento dos compromisarios proclamados para poder tomar parte nas eleccións a conselleiros xerais da institución en representación dos impositores, que o acto da votación terá lugar o vindeiro día 3 de xullo, desde as 10 ás 16 horas, no Centro Cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, nº 13 de Vigo.

Para o acceso ó colexio electoral, os compromisarios deberán acredita-la súa condición mediante a presentación do DNI ou documento equivalente.

Vigo, 25 de xuño de 1998.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente