Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.221

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ACORDO do 9 de xuño de 1998 polo que se convocan as distinatas accións formativas incluídas no programa de desenvolvemento directivo para o ano 1998.

A Escola Galega de Administración Sanitaria, en execución do convenio de colaboración asinado coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e co Servicio Galego de Saúde, ten previsto desenvolver durante o presente exercicio de 1998 unha serie de accións formativas incluídas no programa de desenvolvemento directivo.

Por todo isto, esta dirección, de conformidade co establecido no apartado 8.2º a) do dito convenio, convoca as accións formativas incluídas no dito programa, conforme as seguintes bases:

Primeira.- Convócanse as seguintes accións formativas incluídas no programa de desenvolvemento directivo para o ano 1998 da Escola Galega de Administración Sanitaria:

-Diploma de alta dirección hospitalaria.

-Curso sobre desenvolvemento de técnicas directivas para enfermería (2 edicións).

-Curso superior de xestión de servicios e unidades clínicas de atención primaria (2 edicións).

-Curso superior de xestión de servicios e unidades clínicas de atención especializada (2 edicións).

-Diploma para o perfeccionamento e mellora da competencia de xestores de recursos humanos.

-Diploma de especialización en xestión e control económico-financeiro.

Segunda.- As solicitudes para participar nas diferentes accións formativas dirixiranse, debidamente cubertas e asinadas, á Escola Galega de Adminis

tración Sanitaria, sita na Rúa de Madrid 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, utilizando o modelo de instancia que se poderá recoller na propia sede da escola, na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nas súas delegacións provinciais, nas direccións provinciais do Sergas e nos distintos centros de xestión de atención primaria e de atención especializada do organismo, así como nos hospitais de Galicia xestionados baixo a figura de fundacións públicas.

Terceira.-O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo a escola poñerá á disposición dos interesados o teléfono de información 981 56 34 00 ó que se poderán dirixir entre as 10 e as 14 horas, de luns a venres.

No suposto de que o solicitante teña algún vínculo profesional coa Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, co Sergas ou cunha fundación pública da que o protectorado sexa exercido pola dita consellería, a instancia poderá presentarse no respectivo organismo ou institución sanitaria da que depende o seu centro de traballo, que as remitirá á escola.

Cuarta.-A selección de participantes será realizada por unha comisión na que estarán representados a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Sergas, segundo os casos, e maila Escola Galega de Administración Sanitaria.

Quinta.-1. Unha vez preseleccionado un aspirante, deberá proceder ó aboamento dos dereitos de inscrición da actividade docente correspondente, quedando excluído se non realiza o dito aboamento na forma e prazo que se indique.

2. Os profesionais vinculados á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ou ó Sergas que resulten preseleccionados poderán solicitar da escola, para aquelas actividades e na forma e prazo que se indique, unha bolsa de estudios de ata 100% do custo dos dereitos de inscrición.

Sexta.-As características de cada unha das accións formativas convocadas son as que se especifican nos anexos do presente acordo.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1998.

Javier Bouzada Romero

Director da Escola Galega de Administración Sanitaria

ANEXO I

Denominación: diploma de alta dirección hospitalaria.

Nº de edicións: 1

Datas: de setembro de 1998 a marzo de 1999, preferentemente os mércores e xoves en semanas alternativas.

Horas lectivas: 170

Prazas máximas: 35

Localidade de celebración: Santiago de Compostela.

Dereitos de inscrición: 290.000 pesetas.

Carácter da acción formativa: diploma de especialización.

Destinatarios: profesionais do sector sanitario da Comunidade Autónoma galega con capacidade directiva.

ANEXO II

Denominación: curso sobre o desenvolvemento de técnicas directivas de enfermería.

Nº de edicións: 2.

Datas: do 28 de setembro ó 5 ou 9 de outubro.

Horas lectivas: 40.

Horarios: das 9 ás 14 horas e das 15.30 ás 18.30 horas.

Prazas máximas: 35 en cada unha das edicións.

Localidade de celebración: Santiago de Compostela.

Dereitos de inscrición: 43.000 pesetas.

Carácter da acción formativa: curso.

Destinatarios: directores e subdirectores de enfermería de atención primaria e especializada, supervisores de área e de unidade de atención especializada e coordinadores de enfermería de atención primaria.

ANEXO III

Denominación: curso superior de xestión de servicios e unidades clínicas de atención primaria.

Nº edicións: 2.

Datas: do 28 de setembro ó 17 de decembro 1998, de luns a xoves, en semanas alternativas.

Horas lectivas: 150.

Horario: das 17 ás 21 horas.

Localidades: Santiago de Compostela e Vigo.

Dereitos de inscrición: 250.000 pesetas.

Carácter da acción formativa: curso superior.

Destinatarios: directivos e xefes de servicio e unidade de atención primaria do Sergas e do resto do sector público sanitario, profesionais da sanidade, persoas interesadas e titulados universitarios interesados na proposta empresarial da autoxestión na atención primaria.

ANEXO IV

Denominación: curso superior de xestión de servicios e unidades clínicas de atención especializada.

Nº edicións: 2.

Datas: do 28 de setembro ó 17 de decembro de 1998, de luns a xoves, en semanas alternativas.

Horas lectivas: 150

Horario: das 17 ás 21 horas.

Localidades: Santiago de Compostela e Vigo.

Dereitos de inscrición: 250.000 pesetas.

Carácter da acción formativa: curso superior.

Destinatarios: en primeiro lugar, os facultativos que ocupan postos directivos en atención especializada; en segundo lugar, os xefes de servicio de unidades de atención especializada e, en terceiro lugar, outros facultativos de atención especializada; todos eles do Sergas.

ANEXO V

Denominación: diploma de especialización en xestión e control económico-financeiro.

Nº de edicións: 1.

Datas: de outubro de 1998 a febreiro de 1998, xoves e venres, en semanas alternativas.

Horas lectivas: 150.

Horario: xoves, das 16 ás 19 horas; venres, das 9 ás 19 horas.

Prazas máximas: 16.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dereitos de inscrición: 250.000 pesetas.

Carácter da acción formativa: diploma de especialización.

Destinatarios: técnicos e diplomados da área de xestión económica-financeira do Sergas que desexen coñece-los instrumentos que permitan unha xestión máis axeitada nestas áreas de actividade.

ANEXO VI

Denominación: diploma para o perfeccionamento e mellora da competencia dos xestores de recursos humanos.

Nº de edicións: 1.

Datas: de setembro a decembro de 1998, martes e mércores, en semanas alternativas (fase de prácticas: de xaneiro a xuño do ano 1998, catro días ó mes en distintos centros do Sergas).

Horas lectivas: 232.

Horario: primeira fase, das 9 ás 18.30 horas; fase de prácticas: toda a xornada laboral.

Prazas máximas: 16

Localidade de celebración: Santiago de Compostela.

Dereitos de inscrición: 280.000 pesetas.

Carácter da acción formativa: diploma de especialización.

Destinatarios: profesionais do sector sanitario inmerso na problemática de xestión de recursos humanos en postos de responsabilidade.

5653