Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Sinco (Sindicato de Incendios Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial foron depositados ás 11 horas do día 2 de xuño de 1998 a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Sinco (Sindicato de Incendios Coruña), que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: integrando os traballadores, contratados laborais do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Asinan a acta de constitución: María Milagrosa Barcia Estremad e cinco persoas máis.

Os estatutos depositados poderán seren examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 2 de xuño de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

6020