Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación da xestión da residencia para persoas maiores de Bande (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do R.D. 390/1996, do 1 de maio, esta dirección xeral acorda darlle publicidade á seguinte adxudicación de contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servicios públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión residencia para persoas maiores de Bande (Ourense), en réxime de concesión.

c) Data publicación: DOG nº 249, do 26-12-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación:

Importe praza/día/válido: 3.013 ptas. (IVE incluído).

Importe praza/día/asistido: 5.500 ptas. (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 27 de abril de 1998.

b) Contratista: Eulen, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe praza/día/válido: 2.995 ptas.

Importe praza/día/asistido: 5.471 ptas.

e) Prazo execución: 5 anos.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

5627