Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 25 de xuño de 1998 Páx. 7.209

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Bustelo I. (Expediente 001-EOL).

Examinado o expediente instruído por instancia de Made Energías Renovables, S.A., con enderezo

para efectos de notificacións en Paseo da Castellana, 95, planta 29, 28046 Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Bustelo I; esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 18 de marzo de 1997, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa das instalacións e declaración de uti

lidade pública do parque eólico denominado Bustelo I, de 24,7 mW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 24 de outubro de 1997, Made Energías Renovables, S.A., solicitou o recoñecemento como instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, ó abeiro do previsto no Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, para determinados parques eólicos que se vaian implantar como consecuencia do desenvolvemento do plan eólico denominado Pee Endesa Made, entre os que se atopa o parque eólico Bustelo I.

Terceiro.-O 28 de outubro de 1997, esta dirección xeral, resolveu recoñece-la condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, entre outras, á instalación denominada parque eólico Bustelo I.

Cuarto.-O 23 de xaneiro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Quinto.-O proxecto, coa relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse á información publica por Resolución do 22 de xaneiro de 1998, para os efectos previstos nos artigos 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, 16 do Decreto 2619/1996, 20 do outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, 9 do mencionado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro (aplicables a este expediente en virtude do establecido nas disposicións transitorias primeira e segunda, punto 2º, da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico) e 13 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, tamén citado.

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Jesús Cao Peón, alega que a afección divide o seu predio en dúas partes totalmente devaluadas e inservibles, polo que solicita que o predio sexa adquirido na súa totalidade por un prezo xusto.

2. Antonio Carreiras Castro e José María Otero Otero alegan, en sínteses, que o escrito recibido é ambiguo, que se opón a que sexa declarado de utilidade pública o proxecto presentado, por canto a vixente Lei 54/97, do sector eléctrico, determina que se abandona a noción do servicio público e a explotación unificada do sistema eléctrico e con respecto á cualificación dos bens afectados como monte baixo, debe terse en conta que o dito monte é un

productivo pasteiro natural sobre o que se asenta unha variada e estable gandería, polo que solicita que non se acceda á declaración de utilidade pública, que se lle remita plano do polígono delimitado sobre o correspondente parcelario, que se consideren os terreos como monte-pasteiro en permanente explotación e que se lle notifiquen tódalas resolucións recaídas e as que se produzan que o poidan afectar.

3. Luís Manuel Toirán Vázquez e Daniel López Vispo, en nome propio e en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, indican que presentaron alegacións ó estudio de efectos ambientais, que non recibiron resposta da Consellería de Medio Ambiente en relación coas alegacións presentadas e que ata ter aprobado o proxecto de construcción a empresa non pode inicia-las obras do dito parque eólico.

4. María Pita García alega, en sínteses, a existencia de defectos de forma na tramitación do expediente e que a información facilitada sobre o predio da súa propiedade é insuficiente para identificar e determina-la súa afección, polo que solicita que se lle faciliten os datos necesarios para a completa identificación da propiedade e que se lle poñan de manifesto tódalas publicacións realizadas respecto deste parque eólico.

Sexto.-O 15 de abril de 1998, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Bustelo IMurasX (lonxitude) Y (latitude)

0.601.000 4.818.000

0.601.000 4.816.000

0.604.500 4.817.000

0.604.500 4.815.000

Nº de aeroxeradores: 76.

Potencia unitaria por aeroxerador: 325 kW.

Potencia total instalada: 24,7 mW.

Altura das torres: 31 m.

Diámetro das pas: 30,4 m.

Producción estimada: 71.769 MWH/año.

Investimento previsto: 3.677.706.085 ptas.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación cos decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, citados anteriormente.

Segundo.-O artigo 51.1º da Lei de ordenación do sistema eléctrico nacional declara a utilidade pública

das instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso.

Terceiro.-De conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, cando a servidume de paso de enerxía eléctrica faga antieconómica a explotación do predio servente, o seu propietario pódelle solicitar á Administración que lle sexa expropiada a totalidade do dito predio, para o que deberá xustifica-las causas concretas determinantes dos prexuízos económicos como consecuencia da alteración das condicións fundamentais dos predios.

Malia iso, Jesús Cao Peón non acredita que a conservación das partes non expropiadas lle resulte antieconómica e, por conseguinte, este centro directivo non pode acceder á solicitude de expropiación total do predio da súa propiedade.

Cuarto.-O proxecto foi sometido a un estudio de impacto ambiental, sendo aprobada a declaración de efectos ambientais del por resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 23 de xaneiro de 1998.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios e o proxecto estivo ó dispor dos interesados na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo para que puidesen examinalo e presenta-las alegacións que considerasen procedentes.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizarlle a Made Energías Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Bustelo I, que se vai instalar no Concello de Muras (Lugo) e aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Segundo.-Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións que se autorizan dentro do polígono definido nesta resolución, para os efectos establecidos no do artigo 52 da Lei de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Terceiro.-Desestima-la solicitude de expropiación total do predio de Jesús Cao Peón.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza polo importe de 73.554.122 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo

11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e devolverase unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan deberán realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 3.677.706.085 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debéndolle comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e, ó ser unha instalación que se desenvolve ó abeiro do Pee Endesa Made, verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de 2 meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso,

recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde a publicación/notificación dela, de acordo co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

6029