Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, expediente 2573/98 da Sección de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: asistencia á deputación para a realización da restauración de bens de carácter histórico, artístico ou de considerable valor económico da Deputación Provincial da Coruña 1998.

Lugar de execución: deputación provincial.

Orzamento: 7.840.000 ptas.

Prazo de execución: 5 meses contados desde a data da formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 17 de xuño de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña