Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do avance do Plan Especial de Reforma Interior III-01 Mantelas-Salgueira, 4813/411/98.

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión celebrada o día 15 de maio de 1998, acordou tomar coñecemento do Plan Especial de Reforma Interior III-01 Mantelas-Salgueira, redactado polos arquitectos Alberto de Sousa Romalde e Francisco Javier

Rivas Barros, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que durante o citado prazo as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes. Signifícase que o prazo de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde o derradeiro. (O documento de avance atópase ó dispor do público en xeral na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo situada na planta baixa da Casa do Concello).

Vigo, 22 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

6000