Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, o arrendamento pola modalidade de leasing de diverso material mobiliario, didáctico e deportivo para os centros de ensino secundario e ciclos formativos dependentes desta consellería (expediente 8/1998).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: arrendamento pola modalidade de leasing de material mobiliario, didáctico e deportivo.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería , sito no polígono de Toedo (A Estrada) Pontevedra.

c) Prazo de entrega: ver cláusula 17.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 5.197.768.443 ptas. (2ª fase) e 4.209.999.997 ptas. (1ª fase).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación. (Soamente participantes na 2ª fase).

6. Obtención de documentación e información.

6.1 Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación

a) Data límite de presentación: 12 de agosto de 1998 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2) Domicilio: San Caetano s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Fecha: 19 de agosto de 1998 a partir das 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios da 1ª fase.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

4138