Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, da asistencia técnica de clave GA/98/4-AFOR-0.

a) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para a edición e presentación da memoria de tráfico ano 1997 da rede de estacións de capacidade de vehículos da Xunta de Galicia.

Clave: GA/98/4-AFOR-0.

Orzamento: nove millóns oitocentas corenta e dúas mil duascentas cincuenta e dúas pesetas (9.842.252).

Prazo de execución: 4 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo III, subgrupo 8, categoría B, a súa achega ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

(Declarada urxente consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6009