Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/175-2, 4875 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subestación Foz a C.T. Cabaleiro (Foz).

Situación: Foz.

Características técnicas: liña M.T. aérea con orixe na subestación de Foz e final en L.M.T. aérea cruzamento da ría, lonxitude de 1.194 km liña M.T. subterránea subestación de Foz a cruzamento da ría con lonxitude de 0.7 km e conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al. Liña M.T. subterránea terreo de Barras a C.T. Cabaleiro de 0,45 km de lonxitude e conductor R.H.V.-12/20 kV-3x150 Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 23 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

5192