Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/31-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Canteras Rosende, S.A.

Domicilio social: Vilar, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T. e ampliación C.T. en Canteira-Vilar.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea, a 20 kV, de 398 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor LA-56, sobre apoios metálicos, e 25 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Tibo1, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proxecta na Canteira Rosende, en Vilar, concello de Silleda. Ampliación C.T. cun novo transformador de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-440 V (teñen outro autorizado de 630 kVA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 9 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

4090