Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso 02/0005053/1998, interposto por Editorial Celta, S.A.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso interposto por Editorial Celta, S.A. contra resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se desestima o recurso ordinario interposto contra o acordo do 15 de decembro de 1997, adoptado pola mesa de contratación, sobre inadmisión da citada sociedade ó procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, esta consellería resolve ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son

emprazados para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

5802