Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 23 de xuño de 1998 Páx. 7.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso 01/0000641/1998, interposto por Radio e Televisión Terras de Lemos, S.L.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso interposto por Radio e Televisión Terras de Lemos, S.L: contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 5 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 11-3), sobre a adxudicación de 41 emisoras de carácter comercial en ondas métricas con modulación de frecuencia, esta consellería resolve ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

5801