Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de aglomerado para o concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 11358/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración dos materiais que se relacionan nos lotes seguintes.

Lotes:

Lote I: 2.000 tm aglomerado en frío denso tipo compomac ou similar para arranxo de fochas na cidade.

Lote II: 5.000 tm aglomerado asfáltico en frío D-12 para conservación das capas de rodadura de camiños.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: durante o ano 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base.

Lote I: 11.500.000 ptas.

Lote II: 26.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo; teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas prefistas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación para publicar no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data: o primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3ª do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 15 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5008