Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da execuión das obras do proxecto de recuperación e rehabilitación da antiga estación do tranvía e edificio anexo en Coruxo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio Histórico, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 753/405.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de recuperación e rehabilitación da antiga estación do tranvía e edificio anexo en Coruxo.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 34.338.402 ptas.

5. Garantías. Provisionais: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información. Rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo; teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e finaceira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro día laborable seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións. Non se outorgará prazo para a emenda de erros materiais na documentación administrativa.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 15 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5773