Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.975

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (201/1996-03).

Eu, Ramón Lojo Aller, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que na executoria 201/1996, seguida por falta de furto, contra José Luís Sampedro Sande, se acordou sacar a pública poxa, por primeira, segunda e terceira vez e polo

termo de vinte días, o ciclomotor marca RIEJU-RV, con matrícula municipal N.475, propiedade do penado José Luis Sampedro Sande, en bo estado de funcionamento, e valorado pericialmente en sesenta mil pesetas (60.000 ptas.).

Para o acto da poxa, sinálase o próximo día 11 de setembro de 1998, ás doce horas na sala da audiencia deste xulgado y os días 28 de setembro de 1998 ás doce horas e 14 de outubro de 1998 ás doce horas, para o suposto de que non houbese ofertantes, respectivamente na primeira e segunda poxa.

Prevéñense ós licitadores.

1. Que servirá de tipo para a primeira poxa o prezo de taxación de sesenta mil pesetas (60.000 ptas.); as 2/3 partes del para a segunda e, a terceira, se o caso, celebrarase sen suxeición a tipo.

2. O remate non poderá facerse en calidade de cederllo a un terceiro.

3. Para tomar parte na poxa, deberán consignar na mesa do xulgado o 20% do tipo polo que sae a poxa; e en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, acompañando resgardo de ter depositada a consignación no BBV, oficina principal de Santiago de Compostela, número de conta 66.000-4, clave 1585, concepto 78, executoria 201/1996.

O ciclomotor e a súa documentación encóntranse en poder do seu propietario José Luis Sampedro Sande, sito na Rúa Luís Seoane, N.14-Aguiño (Ribeira).

Dado en Santiago de Compostela o vintesete de maio de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5526