Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.975

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (138/1993).

O maxistrado-xuíz do Penal número 3 de Vigo en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón.

Fai saber: que neste xulgado, baixo o número 138/1993, se segue xuízo executivo por instancia do Banco Pastor S.A. representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Jesús Bernárdez Iglesias e Leonisa Iglesias Figueira, en reclamación de 2.883.449 ptas. de principal máis 1.200.000 ptas. que nun principio se calculan para xuros, gastos e custas, pesetas, máis os xuros legais, gastos e custas, e nos autos do cal se acordou sacar á venda en pública poxa, por termo de vinte días os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán; poxa que terá lugar por primeira vez neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón o próximo día 8 de outubro de 1998 ás 17.15 horas, baixo as seguintes:

Condicións de poxa.

1º O tipo para a primeira poxa será o do valor dado ós bens, e non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o 20% do avalúo no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. conta de consignacións número 1576.0000.17.0138.93.

3º Só o executante poderá cede-lo remate a terceiros.

4º Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoos na mesa do xulgado e acompañando resgardo acreditativo do ingreso do importe citado no punto 2º.

5º Que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, e deberán conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir ningúns outros; que así mesmo estarán de manifesto os autos; e que as cargas anteriores e as preferentes -se as houbese- ó crédito do actor, continuarán subsisten

tes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6º Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 10 de novembro de 1998 ás 17.15 horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto que o tipo do avalúo que se rebaixa nun vintecinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta esta segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 15 de decembro de 1998, ás 17.15 horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Os bens obxeto de poxa son os seguintes.

1º Metade indivisa do predio número setenta do plan xeral da zona de concentración parcelaria de Santa María de Lampai, concello de Teo. Labradío no lugar de Sobalo de Abaixo, que linda: norte, río; sur, Rogelio Iglesias Edreira (71); leste, Manuel Angueira e outro (49), cauce de auga no medio; e oeste, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria e regato. Mide seis áreas e cincuenta centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, no tomo 333, libro 78 de Teo, folio 77, predio número 6554.

Taxada no prezo de 650.000 ptas. que servirá de tipo na primeira poxa.

2º Metade indivisa do predio setenta e un do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Santa María de Lampai, concello de Teo. Labradío no sitio de Sobalo de Abaixo, que linda: norte, María Figueira Herbón (70); sur, Manuel Angueira Figueira e outro (72); leste, regato; e oeste, camiño construído polo Servicio de Concentración Parcelaria, cauce de rega no medio. Mide trinta e dúas áreas e noventa e oito centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 333, libro 78 de Teo, folio 78, predio número 6555.

Taxado no prezo de 3.298.000 pesetas, que servirá de tipo na primeira poxa.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e os demandados-executados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, en Padrón, o vinte de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

5237