Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.974

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 17 de marzo de 1997 (BOE do 24 de abril) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade,

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector en funcións da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: lingua española.

Praza nº: 1475/1997.

Comisión titular:

Presidente: Guillermo Rojo Sánchez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Jesús Pena Seijas, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Mª Carmen Enríquez Salido, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal 2º: Antonio Salvador Plans, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Vocal 3º: Santiago Alcoba Rueda, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: José Ignacio Bosque Muñoz, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Emilio Montero Cartelle, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Francisco Moreno Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Vocal 2º: José Jesús Bustos Tovar, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Josefina Martínez Álvarez, catedrática de universidade. Universidade de Oviedo.

5496