Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.973

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 6 de maio de 1997 (BOE do 14 de xuño) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Darío Villanueva Prieto

Rector en funcións da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: filosofía do dereito.

Praza nº: 1493/1997.

Comisión titular:

Presidente: Francisco de Paula Puy Múñoz, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Manuel Segura Ortega, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José Delgado Pinto, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal 2º: Ascensión Cambrón Infante, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocal 3º: Paloma Durán y Lalaguna, profesora titular de universidade. Universidade Jaume I de Castellón.

Comisión suplente:

Presidente: Benito de Castro Cid, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocal secretaria: Milagros Otero Parga, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Manuel Núñez Encabo, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: Mª Victoria Iturralde Sesma, profesora titular de universidade. Universidade do País Vasco.

Vocal 3º: Carlos Alcarcón Cabrera, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

5433