Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERDEDO

ANUNCIO.

Dada conta do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cerdedo, polo Pleno do Concello na sesión ordinaria celebrada o día 28-2-1998, sométese a información pública nas oficinas municipais por prazo dun mes, en horario de 9 a 14 horas, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e un xornal dos de maior circulación na provincia, durante o que as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes, de conformidade co artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, quedando o expediente de manifesto na dependencia da secretaría á disposición do público, significando que o prazo de exposición pública enténdese aberto desde a súa publicación ata o remate do prazo sinalado contado desde o derradeiro anuncio.

Cerdedo, 6 de marzo de 1998.

José Luis Jorge Caramés

Alcalde

5428