Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión con data do 13 de maio do ano que corre, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación das normas subsidiarias municipais nos arredores da igrexa de Santa María do Temple Cambre, e que redactou o arquitecto José Miguel Vázquez García.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso administrativa, o que se deberá

comunicar previamente a este concello segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 27 de maio de 1998.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funciones

5423