Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 292/1997).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 20 de novembro), e Decreto 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación,

para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 474 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Cidadela e final no C.T. Igrexa-Insua, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte unha rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 600 m en Igrexa-Insua. Municipio de Sobrado (Expediente nº 292/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Igrexa-Insua.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), Praza de Luís Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e no decretos citados, dentro de prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predio propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 292/1997 Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. e R.B.T. Igrexa InsuaTermo municipal: Sobrado

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CeboleiroPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado110

5AnabadoPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado23230

7CalexaPradoHros. José García SuárezAvda. José Antonio, Esq. Antón Pepiño, 15310 Teixeiro18

10Braña do CregoPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado22220

15A CarballeiraPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado21205

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

17A BrañaPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado53530

19A BrañaPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado865

21A BrañaPradoAngel Pardo e outrosCidadela, A Igrexa, 15816 Sobrado81144

4556