Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/74-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. Roda Arriba-A Granxa.

Situación: Celanova.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 186 metros de lonxitude en conductor LA-56, con

orixe en apoio de formigón entronque da L.M.T. existente a C.T. Piñeiro e remate en apoio de formigón nº 3 da L.M.T. existente a C.T. Piñeiro. Liña aérea a 20 kV de 44 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. proxectada ó C.T. Piñeiro e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V de A Roda. C.T. prefabricado do pavillón de deportes con 250 kVA, r/t 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do pavillón de deportes de 1.015 m en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de maio de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4556